Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

Touriño e Piñeiro arrincan con triunfo a Copa de España, e Miguéns é segundo.

Por Redacción ·

A primeira das catro probas da Copa de España de Mushing en Terra 2016/17 arrincou cos referentes do Kennel Den de Catoira postulándose para sendos títulos de canicrós. Ã? o caso da vikinga Mónica Touriño e do seu compañeiro Nepal, e do vigués Ã?scar Piñeiro con Argos, vencedores nas categorías sénior feminina e masculina. E tamén do pontecesureño José Miguéns, segundo júnior con Sultán da cita disputada na praia fluvial do río Liñares, na Estrada. Sobre un circuito de 6,2 quilómetros considerado un dos mellores a nivel español para a práctica do mushing.

Entre o resultados colleitados polo Kennel Den sobresaen tamén o segundo posto de Ã?scar Piñeiro en triciclo con catro cans, na que era a estrea do club na modalidade, competindo con Roni, con Eire, con Tíbet e con Tai. Tamén houbo sextas prazas para Touriño en patín, xunto con Caramelo e con Fly, para Kiko Martínez con Polo en canicrós veterán, e para Anxo Martínez con Vento en canicrós veterán M50.

Noutra orde de cousas, José Miguéns e Sultán recibían a pasada fin de semana o recoñecemento do seu Concello, Pontecesures, nunha recepción oficial do goberno local polo seu recente bronce na categoría xuvenil de canicrós do Campionato de Europa.

La Voz de Galicia

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.