O premio Borobó deserto: O BNG critica ao alcalde e ao concelleiro de cultura.

Publicado por Redacción en

O enlace á páxina da Concellería de Cultura (e emprego, por suposto) segue a ser un libro en branco cuxo futuro (incerto) está por escribir; esta brancura impoluta permite facernos unha idea da importancia que ten para o señor alcalde e o seu magnífico equipo de goberno a cultura e as actividades a ela vencelladas
Resulta que no BNG chamábanos a atención o mutismo total en torno o premio xornalístico convocado na honra e memoria de Borobó. Ningún comentario, ningunha nota de prensa (co que ó noso equipo de tres lle gusta figurar, perdón, facer declaracións ós medios!!), nada de nada. Finalizado o prazo de presentación coa concurrencia dunha soa obra, agardabamos que o concelleiro de cultura, señor Cadilla, como responsable máximo da cultura do noso pobo e o alcalde, señor Seage, como capitán de tan excelso equipo de goberno, nos informaran da sorte que correra o premio.
Pero a información non chega e por eso temos que buscala a ver se nos enteramos de algo. E vaia se nos enteramos; o premio xornalístico Raimundo García Domínguez, Borobó, convocado no centenario do seu nacemento como homenaxe ó seu desempeño profesional e humano, ven de ser declarado DESERTO, dada a elevadísima participación (guiño, guiño) acadada grazas a brillante campaña de promoción e difusión pública da convocatoria levada a cabo polo equipo de goberno así como dunhas bases e prazos feitas de calquera maneira. Constatamos, de novo, que todo aquelo que non veña organizado, planificado e/ou sufragado por outras administracións convírtese un fracaso monumental nas mans da nosa #xentecapasitada
Parabéns!!

BNG de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.