O BNG, a prol das tradicións, quere carrozas cos Magos, e non o que se fixo este ano.
Estos días de tanto ??revuelo? mediático escoitamos e lemos en moitos comentarios ??facer política con esto? ??facer política con aquelo?, en ocasións para darnos os parabéns e noutras para o contrario.
Ben, nós, o BNG, estamos na política precisamente para iso, facer política. Entendemos como facer política, entre outras cousas, opinar sobre as actividades que se desenvolven no noso pobo organizadas e/ou participadas polo equipo de goberno; do mesmo xeito que, cando somos nós os que formamos parte de ese equipo de goberno, somos criticados sen que ninguén se escandalice nen bote as mans a cabeza.
Tampouco se trata de un acoso ou derribo ó alcalde como queda reflexado nalgúns comentarios. O señor Seage é o máximo responsable do equipo de goberno, sobre él recae a responsabilidade de que as cousas se realicen de xeito correcto e organizado; senon é así, ¿cal sería o seu cometido? Do mesmo xeito que, cando os que agora están gobernando estando na oposición criticaban ós anteriores alcaldes/equipos de goberno, agora somos nós os que opinamos sobre o que, ó noso parecer, non está ben xestionado.
Dar a nosa opinión sobre a xestión e a organización da cabalgata de reis non é facer política nin cos nenos nin cos maiores. ? opinar sobre o que, pensamos, está mal feito, xestionado, organizado, ou como cada quen o queira denominar. Pódense poñer todas as fotos que se queiran, dende todos os planos, alturas ou perspectivas; isto non significa que as cousas se fagan ben. Pode entrar o concelleiro de obras como un elefante nunha cacharrería (hai circunstancias nas que é mellor non acceder ás RRSS ;)) na nosa páxina dando unha lección de como ningún cargo público debería actuar e/ou responder as críticas, isto non lle da a razón.
No tempo que o BNG gobernou, sacáronse catro carrozas á rúa; tres para os reis magos e unha para o carteiro real; este ano, ningunha. Sempre contamos cunha altísima participación, sobre todo de rapaces que ateigaban as carrozas pero tamén de maiores que acudían de paxes. A comitiva percorría todo o pobo, xerando expectación e xente na rúa; xente que, mentras agarda, merca e consume no comercio local. A festa prolongábase ata ben rematada a tardiña, xerando un ambiente festivo do que todos podíamos desfrutar. Claro, todo hai que dicilo, organizar esto leva tempo e precisa de xente con ganas de traballar, por suposto
O que nós criticamos é que, a participación foi menor que calquera dos anos anteriores (retamos a calquera a demostrar o contrario), non houbo carrozas polo que o ambiente no pobo era como o de calquera día; a comitiva real chegou de noite ó peirao, ás sete da tarde, despois de máis dunha hora agardando; os rapaces no medio da carretera sen poder acercarse ós reis; saimos en procesión para rematar na prazuela e dar por terminada a festa ás oito da tarde quedando a prazuela, e por extensión o pobo, deserta a partir de esa hora. Alguén di nun comentario que se a festa durase máis tempo, tamén o criticaríamos; por favor, non nos confundamos de páxina, eso está ben para esas persoas que todo o critican e que, nas súas críticas, caen con moita frecuencia no absurdo. Estamos seguros que na cabalgata do vindeiro ano, o equipo de goberno fará caso do BNG e recuperará a cabalgata no seu formato tradicional; nós recuperaremos este post para darlle os parabéns se é preciso!
(Hoxe ás 10:30 os restos da cabalgata seguían tirados na Prazuela. Máis tarde alguén decideu colocalos detrás da carpa….pero, por favor, non fagamos política con esto.
BNG Pontecesures
0 comentarios