Caldo de gloria para lembrar a Rosalía de Castro.
A fundación de Padrón presentou os actos para conmemorar o 180 aniversario do nacemento da escritora.
A Fundación Rosalía de Castro presentou onte a programación prevista para o 24 de febreiro, Día de Rosalía, no que se cumpren 180 anos do seu nacemento. Entre as actividades está o Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirada no poema ??Miña casiña, meu lar?, no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
Deste xeito, todos os locais da hostalería de Padrón se unirán o 24 de febreiro a esta celebración, ofrecendo a mediodía e a noite o ??Caldo de Gloria??, e desde a Fundación Rosalía convidan a que todo o país faga o propio nas súas casas e nos restaurantes, acompañándoo coa lectura de poemas rosalianos.
Asimesmo, o 24 de febreiro, na Casa de Rosalía, en A Matanza, volverá a cociñarse ese caldo, que farán os cociñeiros Benigno Campos e Merchi Rosal. Será o punto e final aos actos conmemorativos deste 24 de febreiro, que se lembrará en distintos concellos galegos e mesmo de Portugal.
Entre os máis destacados, está o acto do venres xunto a estatua da Alameda compostelá, que este ano cumpre un cento de anos e outro no Hostal dos Reis Católicos, onde se bautizou Rosalía hai 180 anos. Tamén en Padrón haberá ese mesmo día unha lembranza xunto a estatua da escritora no Paseo do Espolón.
La Voz de Galicia
0 comentarios