MA?A SABADO, A PARTIR DAS 16.30 H A TVG EMITE O PROGRAMA «AQUI GALICIA» DENDE A PLAZUELA, COS SEGUINTES CONTIDOS:
CONTIDOS:
- Orquesta Charleston Big Band.
- Mar Davila. ??La tumbadora? e ??Olvídame y pega la vuelta?.
- Grupo de bailes tradicionais da Asociación Cultural Algueirada.
- Grupo de bailes tradicionais da Asociación Cultural Xarandeira.
- Banda de música de Padrón.
- No apartado gastronómico, e dado que estamos na XXII Festa da Lamprea, imos ter:
- Os gañadores do concurso Tapea Lamprea, un concurso de petiscos a base de lamprea.
- Lamprea á Bordelesa, a cargo das cociñeiras responsables da festa.
- E, de sobremesa, teremos churros preparados de moi diversas formas.
- Para coñecer máis sobre Pontecesures, o seu concello e a súa comarca, veremos uns vídeos dedicados a:
??Turismo?. Visitamos os lugares máis turísticos do concello, como a ponte romana, igrexas e prazas.
??Ruta xacobea do mar de Arousa?. Coñecemos máis sobre este Camiño de Santiago que ten o seu punto álxido en Pontecesures.
??Deportes?. Co seu porto deportivo, Pontecesures é toda unha potencia en piragüismo. Tamén son todos uns campións os membros do Ulla Club de Fútbol e do Baloncesto Río Ulla, a quen visitamos durante un dos seus adestramentos.
??Natural?. Descubrimos fermosa paraxes naturais que fan desta zona todo un paraíso.
??Situación?.
??Lamprea?. Co presidente da Asociación de Valeiros aprendemos todo o necesario para a pesca do produto rei da festa, a lamprea.
??Coches históricos?. En Pontecesures tivo lugar un dos primeiros salóns do automóbil de toda España. Lembraremos ese pasado glorioso.
- Estaremos tamén na ??Mostra de Robots. Pitufolandia? e coa Asociación Cultural Estornela que nos redescubrirá algúns xogos populares xa medio esquecidos.
0 comentarios