A Fundación Rosalía e Martín Veiga reciben o Pedrón.

Publicado por Redacción en

O Padroado da Fundación Pedrón de Ouro concede este ano o seu premio principal Fundación Rosalía de Castro, que hoxe o vai recoller precisamente na casa da poeta en Padrón. No caso do Pedrón de Honra 2017, o padroado recoñece o labor do profesor e poeta Martín Veiga, director do Centro Irlandés de Estudos Galegos da Universidade de Cork.

A Fundación Pedrón de Ouro destaca da tamén Fundación Rosalía que «historicamente foi un refuxio da actividade cultural galeguista, como demostrou durante anos coa celebración da misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval o 25 de xullo, organizada polo Padroado, único acto público no que se consentía a lingua galega».

O Pedrón de Ouro premia tamén os setenta anos da fundación do Padroado Rosalía de Castro e salienta que nos últimos anos levou a cabo unha importante modernización museográfica. E no caso do Pedrón de Honra, a fundación distingue a personalidade que fóra da terra destaque polas súas achegas ao engrandecemento de Galicia e da súa cultura.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.