Padrón estrea Día do Peregrino.
Pepe Domingo Castaño comprométese a promocionar o Camiño Portugués tras recibir o Berce do Xacobeo.
O Concello de Padrón estreou onte o seu Día do Peregrino, un evento organizado pola concellería de Turismo no marco da celebración das Festas do Santiaguiño do Monte, que viven hoxe o seu día grande coa romaría e o ascenso ao monte. No día de onte, o Concello entregou o primeiro galardón Padrón. Berce do Xacobeo ao xornalista Pepe Domingo Castaño e veciños e visitantes desfrutaron pola tardiña do tradicional derbi asnal polas rúas da vila e dos concertos musicais.
O galardón Padrón. Berce do Xacobeo que distingue a Pepe Domingo Castaño como I Peregrino de Honra, foi entregado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, nun emotivo acto celebrado na igrexa parroquial ao remate da misa do peregrino.
O rexedor explicou que este recoñecemento de nova creación pretende ??homenaxear á figura universal do peregrino, neste caso representado na figura de Pepe Domingo Castaño?, no contexto dunha vila como Padrón, tan vinculada historicamente ao nacemento do fenómeno xacobeo.
El Correo Gallego
0 comentarios