Os socialistas critican a decisión de mudar o emprazamento do mercadiño de Pontecesures.
No día de hoxe demostrouse que a decisión de cambiar o emprazamento do mercadiño mensual de Pontecesures non foi acertada.
A nova ubicación, nun lateral da praza de abastos, é un lugar desprotexido do vento e da chuvia tanto para vendedores como para clientes, e está ao lado dunha auténtica lameira, como é o terreo propiedade do concello de Valga.
As continuas baixas de vendedores non fan máis que confimar o que xa é un feito: que o cambio de ubicación levado a cabo fai seis meses, -motivado para satisfacer peticións particulares, máis que buscar o interese xeral do pobo, creemos nós-, acabará por finiquitar esta iniciativa xurdida para reactivar a economía local e animar as rúas do pobo.
Socialistas de Pontecesures
0 comentarios