«Estivemos a piques de non poder celebrar a festa pola falta de exemplares».

Publicado por Redacción en

21/07/2011.

Cando hai un mes o alcalde de Pontecesures, Vidal Seage, presentaba a XXIII edición da Festa da Lamprea do Ulla que se celebrará maña na vila cesureña a tempada estaba a darse ben, había produto en abundancia, os prezos acompañaba e todo convidaba ao optimismo.
A día de hoxe, tras varias semanas encadeando temporais e borrascas, as cousas cambiaron totalmente. «O río leva tanto caudal de auga que rompe os aparellos e non estaban a entrar lampreas, nin aquí, nin no Miño, nin en ningún sitio. Tanto é así que estivemos a piques de non poder celebrar a festa pola falta de exemplares. Mesmo contemplamos trasladar a celebración gastronómica ao 15 de abril, como peche de tempada. Finalmente conseguimos xuntar lampreas suficientes, completando cos poucos exemplares que había noutros ríos».
O rexidor afirma que dende o Concello fixeron unha aposta forte por dar a coñecer a localidade a través desta festa e das prezadas lampreas do Ulla «e sería unha pena que non se puidese celebrar na súa data polas condicións meteorolóxicas. Aínda que somos conscientes que esta é unha festa que depende de moitos factores externos que ás veces non se poden controlar».
Superados os escollos, na carpa que se instalará xunto á zona portuaria (que esta ano é moito maior para dar cabida a máis de 1.000 persoas), Pontecesures cociñará e servirá de novo as cobizadas lampreas. Nesta ocasión debido á escaseza de exemplares, a organización preparará catrocentas racións, no canto das seiscentas que tiñan previsto server antes da crecida dos ríos. A pesar dos elevados prezos, coas pezas superando os 40 ?, o sistema será o de sempre. «A venda dos billetes mantense a 12 ? a ración que inclúe unha copa de viño, xunto co arroz e os picatostes que acompañan a elaboración á bordelesa».
Seage, un apaisoado e bo coñecedor da lamprea, afirma que esta «é moito máis que un alimento, é unha tradición milenaria, é cultura, é historia». O alcalde cesureño explica que «é o animal más antiguo que poboa na terra e ó único capaz de rexenerar a súa médula espiñal. Ademais, a nivel culinario é unha delicatessen apreciada xa dende a época dos romanos».

El Correo Gallego


1 comentario

Sésamo · 17-03-2018 a las 18:19

Basta ya de decir que la gastronomía es cultura. Como mucho será parte de una cultura, pero no cultura per se. En Galicia estamos muy (demasiado) acostumbrados a fiestas de tipo gastrónomicas (para llenar la barriga mucho y pensar más bien poco), o verbenadas gastando dinero con las orquestas de turno… ¿Pero qué ayuntamiento se atreve a organizar un festival de teatro? ¿Exposiciones de pintura? ¿Premios literarios? ¿Rutas por los monumentos históricos del municipio?

No confundamos la CULTURA con la culturilla barata. Y lo del animal más antigüo todavía vivo lo pongo en duda… aunque eso lo dejo para los expertos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.