Críticas dos socialistas de Pontecesures ao alcalde en relación coa hostalaría.

Publicado por Redacción o

Preguntamos ao alcalde se non consideran capacitados aos hosteleiros de Pontecesures para realizar os servizos de cátering para os eventos do noso concello (Festa da Lamprea, Día das Letras Galegas, Día do Mercado), xa que nin lles pide orzamentos para levalos a cabo.

O alcalde prefire que estos servizos sexan realizados por empresas de fóra do Pontecesures que os da propia vila -os que pagan os impostos eiquí, os que colaboran en eventos e festas,…-. En palabras textuais “el non mira o Rh das empresas”.

Bonito xeito de promocionar a hostelería local!

Socialistas de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.