O BNG de Pontecesures carga contra o alcalde.
Sair na prensa falando dunha obra (Infesta-O Castro) como si estivese rematada, facendo fincapé nas melloras que supoñen para os peóns en canto a movilidade e aparcamento, cando os usuarios do CPI Pontecesures, en plena vaga de contaxios mor da COVID-19, teñen que amorearse á porta do centro por falta de espazo, é dunha desfachatez tremenda. Nin sitio para aparcar nin espazo para os peóns; os usuarios do CPI vense obrigados a agardar no pequeno espazo que queda despois de iniciar, fai quince días, unha intervención no Pino Manso.
No pleno do pasado 28 de setembro, ás preguntas do BNG sobre o reparto de mascarillas almacenadas no Concello, o alcalde respondeu que 400 delas serían entregadas ós alumnos do CPI Pontecesures en breve, feito que a día de hoxe segue sen producirse.
BNG Pontecesures
0 comentarios