Xestur investirá cen mil euros no proxecto do parque empresarial de Pontecesures.
A posta en marcha dun parque empresarial en Pontecesures parece ir collendo corpo. Segun informou onte a Xunta de Galicia a administración autonómica investirá preto de 100.000 € en abordar a redacción do proxecto de urbanización do futuro parque empresarial así como do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) preciso para axilizar a tramitación. Segundo o comunicado emitido a este repecto polo goberno galego o Consello de Administración de Xestur ven de aprobar esta contratación pública por un importe de 99.730 € e un prazo de execución de 13 meses.
O proxecto do parque empresarial de Pontecesures implica o desenvolvemento dunha superficia total de 304.000 m2 situados en Redondo-Tarroeira, con acceso a través da estrada N-550. Segundo comfirmou onte Xestur neste recinto de carácter empresarial deste total de superficie ocupada, un total de 182.000 m2 corresponderanse con 21 parcelas que se van habilitar e que conxugarán usos tanto comerciais como industriais.
O parque empresarial de Pontecesures preséntase como alternativa pàra dinamizar a economía da zona, moi influenciada polo sector do aluminio que se ten desenvolvido na veciña localidade de Valga-
La Voz de Galicia
0 comentarios