CGT valora que Renfe non cubre a demanda de servizos ferroviarios en Galicia.
A redución de servizos ferroviarios de proximidade que Renfe ofrece dende a cidade de Vigo desencadena nunha problemática que o sindicato CGT (Confederación General del Trabajo) busca resolver. Consideran incomprensible o menor número de plazas ofertadas o que obriga aos cidadáns da cidade olívica e da comarca a ter que utilizar outros medios de transporte cando teñen que desprazarse a cidades como Zamora ou Madrid.
Dende CGT remiten aunha carta á directora Xeral de Renfe en Madrid e a dirección de Renfe en Galicia, solicitando que aumenten os servizos ferroviarios en Vigo, tanto os dirección Madrid como os dirección Coruña, atendendo a demanda existente nestes momentos.
Así non comprenden como días de alto tráfico, cando todos os trens con saída Vigo circulaban completos, como o 12 de Outubro e o 1 de Novembro, o tren ALVIA das 8:55 Vigo-Madrid non circulou. Ven necesario aumentar os servizos con Madrid os días de alta demanda, polo menos como o resto de días da semana.
SOLICITAN TREN VIGO- SANTIAGO ÁS 22:30 Tamén solicitan que á derradeira hora da tarde se restableza o tren Vigo-Santiago con saída as 22:30, un servizo que existía antes da inauguración do eixo atlántico e que foi eliminado por Renfe a pesar das protestas que as traballadoras e estudantes fixeron, xa que este comboio daba servizo as persoas que saían de traballar e Vigo as 22 hs e aos estudantes que querían saír cara a Santiago pola noite.
Coincidindo coa apertura do centro comercial Vialia consideran máis preciso que antes este servizo, xa que o derradeiro tren sae as 21:35 hs de Urzaiz cara a Coruña obrigando as viaxeiras e viaxeiros a finalizar a súa visita a Vigo as 21hs, o que limita as súas actividades de ocio ou restauración na cidade. Neste sentido fan a comparativa coa maioría de cidades con núcleos poboación ca mesma densidade de Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía, onde o servizo ferroviario remata a partir das 23hs.
A solución de que circule en dobre composición o tren 09212 de xoves a domingo, ofertando 558 prazas en lugar das 282 habituais, consideran que non é a solución adecuada, xa que estase a producir aglomeracións de viaxeiros na zona anterior ao control de seguridade, o cal tamén produce retrasos nos trens xa que os mais de 500 viaxeiros teñen que pasar polo scanner de seguridade, saíndo o tren con retrasos que chegaron a alcanzar os 20 minutos na saída de Urzaiz e 30 minutos na chegada a Coruña, informan no comunicado. Isto supón a indemnización por retraso aos viaxeiros, tendo que devolverlle unha parte da recadación do prezo do billete.
Estas aglomeracións prodúcense tamén en Urzaiz como nas estacións de Pontevedra e Vilagarcía. Como solución CGT propón retomar a circulación do tren das 22:30 diversificando a oferta.
RECLAMAN MAIORES COMUNICACIÓNS COA CAPITAL CGT tamén solicita a reposición do tren con saída de Vigo as 6:58 da mañá, que non está previsto incluír no aumento de circulacións con motivo da entrada en funcionamento da Alta Velocidade e que está obrigando a un considerado número de viaxeiros e viaxeiras da provincia de Pontevedra a chegar ao seu traballo en Compostela con máis dunha hora de adianto, xa que dende as 7:40 e as 9:40 non existe ningún tren procedente de Vigo con chegada a Compostela, tendo que utilizar o tren 09072 que sae de Urzaiz as 6:40 por estar suprimido o tren 12480 de Vigo (6:58 hs) – Compostela (8:28 hs) e que daba servizo nunha franxa horaria de alta ocupación as persoas con destino Santiago con horario de traballo as 9 da mañá, incluídas as de Vilagarcía, Catoira, Pontecesures e Padrón, que van a seguir sen ter servizo ferroviario dende as 6:00 da mañá ata as 10:45 horas impedindo a utilización do tren nos seus desprazamentos diarios.
Desde CIG mostran que o aumento de servizos de longa distancia como os que se van a producir entre Galicia e Madrid o vindeiro 21 de decembro ca chegada do AVE a Ourense, choca cas políticas de recortes de servizos ferroviarios na media distancia, aínda existindo demanda.
Pra rematar CGT tamén requiriu a mellora do servizo Vigo-Porto xa que estase detectando continuos retrasos neste servizo ferroviario internacional, duns 20 minutos de media no que chega a Vigo as 22:35 horas (tren Celta 00423).
El Correo Gallego
0 comentarios