Pontecesures celebra este domingo o Desfile Valeiro na honra da patroa: a Virxe do Carme

Publicado por Redacción o

Este venres actúan Wöyza & The Galician Messengers e o sábado A banda da loba

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures / cedida

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar desde este venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo. A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil … pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas”.

O programa dará comezo este venres coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Poderá gozarse a partir das 21.00 horas na Plazuela. O sábado 1 de xullo, haberá unha actuación na Plazuela ás 12.00 horas, e xa pola noite, a partir das 22.00 horas, chegará o gran concerto a cargo de A banda da loba.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.