Valga busca a parroquia que mellor cociña do Concello no seu concurso Anguía Chef.

Publicado por Redacción en

O prazo de inscrición para os equipos participantes abrirá mañá

Oconcurso interparroquial de cociña de Valga desenvolverase no Parque Irmáns Dios Mosquera entre o xoves 17 e o venres 18 de agosto, cando será a proba final na que se decidirá o gañador. A participación máxima é de cinco grupos, un de cada parrroquia do municipio. Os equipos enfrontaranse a probas eliminatorias e competirán para clasificarse a unha proba final e acadar o título de ser os mellores cociñeiros de anguía. Os equipos deben estar compostos por catro persoas de calquer idade e só se admitirá un equipo de cada parroquia por orde de inscrición. De anotarse máis, os outros quedarán en lista de espera por se non se completaran todas as prazas.

As follas de inscrición xa poden descargarse da páxina web oficial https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes ou recollerse en papel nas oficinas do concello. Deben ser entregadas no rexistro debidamente cubertas ata o día 11 de agosto.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.