Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Imaxes do roteiro “Ollando o Ullán” do pasado domingo en Pontecesures. O Concello destaca a participación.

Por Redacción ·

Gran participación na andaina Goza do Ulla!. Preto de 50 persoas de diferentes idades compartiron a mañá do domingo descubrindo novos lugares do Concello de Pontecesures. O roteiro, de 15 quilómetros, percorreu os montes Castro Valente e Salgueiras, o Val do Ullán e o miradoiro do Galiñeiro, entre outros lugares de interese. Grazas a todos/as por compartir con nós unha xornada perfecta de sendeirismo, natureza e deporte. Esperámosvos na próxima actividade!

Concello de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.