Visita do Seminario Internacional de Follow the Vikings.

Publicado por Redacción o

No día de onte contamos coa visita do Seminario Internacional de Follow the Vikings.

A Alcaldesa Maite Tocino, recibiu a este grupo de persoas de diferentes partes de Europa, acompañados do Alcalde de Catoira Xoán Castaño. Puideron visitar diferentes puntos de interese da nosa vila, coñecendo a nosa historia, costumes e tradicións, xunto cunha visita guiada, e parando a mercar e desfrutar de produtos da nosa Praza de Abastos. É unha gran honra recibir visitas deste tipo, e agradecemos as boas sensacións coas que marcharon de Pontecesures, despois de ver os atractivos que unha pequena vila como a nosa ofrece aos visitantes.

CONCELLO DE PONTECESURES


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.