Ana Barreiro convértese na nova secretaria do Xulgado de Paz de Valga.

Publicado por Redacción o

Substitúe a Juan Carlos Pérez, xubilado logo de desempeñar o cargo doce anos e medio.

O Xulgado de Paz de Valga conta dende esta semana cunha nova xestora-secretaria. Trátase de Ana Barreiro Rial, que ocupa a praza de xeito provisional despois de que quedase vacante pola xubilación do anterior secretario, Juan Carlos Pérez Iglesias, logo de doce anos e medio.

A segunda tenente de alcalde, Carme González, e o concelleiro Pedro Calvo acudiron onte a dar a benvida á nova secretaria, que conta con experiencia en xulgados de primeira instancia de Barcelona, Madrid e Cambados, onde, de feito, ten a súa praza.

O xulgado presta atención ao público entre as 9 e as 14 horas no edificio administrativo da praza Manuel Vicente Cousiño. O seu cometido inclúe o do rexistro civil.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.