Condenados dous veciños de Pontecesures e Vilanova por tráfico de drogas

Publicado por Plumilla o

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a catro e sete anos de prisión a dous homes, veciños de Pontecesures e Vilanova de Arousa respectivamente, por un delito contra a saúde pública. Ambos contaban coa agravante de reincidencia.

Segundo a investigación da Garda Civil, un dos acusados subministraba cocaína ao outro para que este a distribuíra a terceiras persoas. Entre maio e setembro de 2022 documentáronse varios contactos, incluído un encontro en Vilanova no que se intercambiou un quilo desta substancia.

Nos rexistros practicados con motivo das detencións, a Garda Civil interveu ao redor dun quilo e medio de cocaína, máis de 25.000 euros en efectivo, básculas de precisión, teléfonos móbiles e vehículos. Un dos procesados, que confesou os feitos, foi condenado a 4 anos de cárcel e unha multa de 250.000 euros. O seu proveedor, que non recoñeceu os feitos, recibiu unha pena de 7 anos de prisión e 350.000 euros de multa.

Fonte: Diario de Pontevedra

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.