A ORIXE DAS FEIRAS DO AUTOM?BIL DE OCASI?N DE PONTECESURES

Aproveitando que hoxe domingo celébrase a ??II Feira do Automóbil Antigo? en Pontecesures, vou tentar relatar a xénese dun dos feitos máis sobranceiros que tiveron lugar na comarca do Ullán durante o século XX, e que estaria relacionado cun acontecemento comercial que non tería precedentes en toda España : As Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures. Aínda que xa houbera experiencias anteriores, no eido das exposicións do mundo da automoción, en Madrid, no anos 1907 e 1923, e tamén en Barcelona cos importantes salóns do automóbil, celebrados en 1913, 1919, 1922, 1924 e 1925, sería pois a Feira celebrada en Pontecesures, no ano 1925, a primeira na súa modalidade que tería lugar en España, xa que as celebradas nesas dúas grandes cidades, tratábanse dunha mostra de vehículos novos, que non tiñan coma fin principal a súa venda nos seus recintos feirais. Ademais, nestas exposicións, non habería unha mostra de vehículos usados.Polo tanto en Pontecesures, por primeira vez, combinarianse a venda de vehículos novos cos usados, ou sexa os de ocasión. Sería pois, unha feira en estado puro. No xeito podía compararse a venda dos automóbiles de ocasión con calquer tipo de feira de gando, e sería máis ou menos como logo a retrataría, cos seus debuxos humorísticos, o ilustre rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A idea de levar a cabo a feira do automóbil en Pontecesures, segundo me contou Raimundo García Domínguez ??Borobó?, hai que buscala na feira cabalar da Pascúa de Padrón de 1924, cando os futuros promotores da Feira do Automóbil, o empresario vigués asentado en Cesures Don Eugenio Escuredo Lastra e o médico cesureño Don Victor García García-Lozano visitaban tan importante feira gandeira. Na feira da Pascúa, daquel ano, viran que houbera un descenso do número de cabezas de gando, e que no medio dos animais había alguén que tentaba vender o seu automóbil de segunda man. Ante aquela imaxe, os dous decataronse que os tempos comezaban a mudar sen remedio, e que a forraxe para os animais estaba dando paso a gasolina para os motores. Alí, os dous empezaronse a preguntar que coma xa Padrón tiña unha feira de cabalos, en Pontecesures deberíase facerse unha feira de automóbiles.De camiño a Cesures, – según contaba ??Borobó?, que daquela tiña oito anos de idade, é que fora testemuña directa da xestación daquela idea, xa que fora aquela Pascúa, levado polo seu pai Victor García -, os dous amigos seguiron falando da posibilidade de levar a cabo tan boa ocorrencia. ? chegar a Cesures, comentaronlle ós seus amigos, que soían reunirse de tertulía no restaurante ??Casa Castaño?, a idea de facer unha feira do automóbil en Pontecesures. ? contarlles isto, e crendo nas verdadeiras posibilidades de éxito, pronto se encherían de ánimos e ilusión para poder realizar semellante proxecto. Sen embargo, para tomar esta decisión, pesaría moito o gran coñecemento que estas persoas posuían no mundo dos negocios, xa que na súa maioria, os futuros membros dos primeiros comités organizadores da Feira, posuían negocios de gran importancia, uns relacionados coa madeira, outros cos transportes fluviais, importación de coloniais, exportación, curtidos, cerámica, tecidos, etc.

Outro factor que incidiría na realización desta Feira, foi o contexto económico de gran crecemento que se viviu nos tempos da dictadura de Miguel Primo de Rivera, enmarcado dentro do contexto de auxe econónico a nivel mundial, sobretodo dos Estados Unidos, país que se encargou de exportar o seus productos, principalmente os automóbiles e camións, a gran parte dos rincóns do Planeta. O aumento do parque automobilistico español e galego, iniciado con relativa importancia dende principios dos anos 20, provocaría que habería xente que xa estaría ??aburrida? do seu vehículo e precisaba desfacerse del para mercar outro, a pesar de que era un artigo ó alcance dos mellores petos.Polo que outras persoas, que terían ??menos cartos?, tamén precisarían dun vehículo, pero a un prezo rebaixado ó ser usado. Este detalle podería ser unha necesidade que os futuros organizadores da Feira do Automóbil de Ocasión foron quen de ver.

En marzo de 1925, cos preparativos da Feira xa en marcha, Eugenio Escuredo Lastra na compaña do seu socio e amigo, na fábrica de ladrillos de Campaña, Salvador Sierra Trasande, deciden facer unha viaxe á Feira de Mostras da Primavera que tiña lugar en Leipzig.Esta cidade alemana celebraba a feira industrial máis importante do Mundo, onde facilmente podianse superar en 12.000 as firmas comercias alí expostas. O propósito desta visita era o de coñecer coma se organizaba un evento destas características, recollendo, deste xeito, experiencias que podían ser aplicables para a feira de Cesures. Como se pode comprobar, os organizadores apostaban forte por levar a bo fin a súa idea, aprendendo, para iso, da mellor feira do Mundo, e non conformandose con facer calquer cousa.

Despois das impresións recollidas en Leipzig, as ideas paracen xa máis claras e serias. Nos meses de abril e maio, ponse en marcha unha importante laboura organizativa.Comezan os contactos coas casas comerciais relacionadas coa automoción, aínda que tamén o farían con outras que nada tiñan que ver con este sector. Os xornais olívicos ??Faro de Vigo?, ?El Pueblo Gallego? e ??Galicia?, nos meses previos á Feira, comezan a darlle protagonismo, nas súas columnas, ós preparativos dos cesureños empeñados en realizar un feito de tanta transcendencia.

O cartel anunciador da Feira encargaouselle ó pintor cesureño Carlos Maside.Neste cartel aparecía o deus Mercurio empregando un automóbil a xeito de patíns.Tamén é digno de mención o óleo realizado pola pintora cesureña de orixe avulense, Oria Moreno. Esta pintura que representaba a un rapaz pintando nunha parede a publicidade da Feira, foi exposto no escaparate do comercio vigués ??Camisería Inglesa?, durante os días que durou a feira cesureña.

Para a organización da Feira, constitúese un Comité conformado polos seguintes membros :

* Presidente de Honra do Comité : José Rodríguez Villamil, Gobernador Civil de Pontevedra
* Vicepresidente de honra do Comité : Daniel de la Sota, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
* Presidente do Comité : José Novo Núñez
* Vocais : Victor García García-Lozano, Ramón Diéguez Carlés, Eugenio Escuredo Lastra, José Sierra Martínez, Salvador Sierra Trasande, Luciano García García-Lozano, Bernardo Cordero Martínez, Casto Plasencia, Daniel Roa, Francisco García Lozano, Jesús Cabeza Sierra, José Moltó, José Varela, Herminio López Pérez, Baldomero Carlés Romero, Luis Dieguez Carlés, Manuel Fajardo Silva e Ramón Piñeiro Eiriz.

Este Comité Organizador, puso anuncios na prensa co fin de atraer a todas aquelas persoas interesadas en vender os seus vehículos usados no futuro certame. En principio a Feira tiña unha única data para a súa celebración, que era o 28 de xuño de 1925, pero debido as peticións das casas expositoras, decidíuse prologalo evento ata o 29 de xuño, festividade de San Pedro.
Por fin, o domingo 28 de xuño de 1925, o Gobernador Civil de Pontevedra, inagura no peirao portuario de Pontecesures, a «FERIA DEL AUTOM?VIL DE OCASI?N». O recinto feiral ocupaba unha superfície de 15.000 metros cadrados, e armouse un stand cuberto de 115 metros de longo, divido en compartimentos de 5 metros de fronte.

Sen entrar en moitos detalles sobre o desenvolvemento da feira, que deixaremos para outra ocasión, a xeito de resumo, podemos dicir que as casas comerciais presentes nesta primeira edición, chegaron as 49, das cales 15 representaban a casas fabricantes de automóbiles e camións, pertencendo o resto a empresas afíns ó sector ou adicadas ós variados sectores da industria e o comercio en xeral.

A Feira clausurase o 29 de xuño, sendo visitada por máis de 10.000 persoas, que puideron ollar, seguramente, algo que non viran na súa vida ata aquel entón.Unha grandiosa concentración de vehículos, que sumaban a cantidade de 598, dos cales, 348 eran de ocasión, 70 eran novos e 180 non estaban inscribidos na Feira. O valor aproximado do total dos artígos alí expostos era duns 5 millóns de pesetas daquel entón.O volume total das vendas de tódolos artigos cifrouse nas 418.000 pesetas.

? ano seguinte, voltase a repetir a experiencia, pero moito máis ó grande.Logo seguirianlle as feiras celebradas nos anos 1950 e 1954, pero eso é materia para outros artigos ou máis ben para un novo libro que se está a preparar, dende xa fai moitos anos, que ofreza un novo enfoque e novos datos sobre tan importante acontecemento.So queda agardar pola celebración da V Feira do Automóbil de Ocasión e Exposición Industrial, coma lembraba o noso ilustre e admirado veciño ??Borobó?, no ano 1997, ó ser nomeado Fillo Predilecto de Pontecesures : ??A tan avanzada vila da Feira do Automóbil, exemplo do esforzo dunha gran xeración de cesureños. Símbolo dun tempo que soio pode conmemorarse diñamente celebrando, daquí ao século XXI outra nova Feira do Automóbil, a quinta, da que xa se fala e que meus vellos ollos confían inda en ver?.

Publicado por un fulano de Redondo, no Diario de Arousa, o domingo 6 de abril

ESTE XOVES PRESENTACI?N EN RADIO VALGA,DA FESTA DA LAMPREA E DA FEIRA DO AUTOM?BIL ANTIGO

Este xoves a eso das 21,45 h. aproximadamente, estarán no programa «PALCO DE ESTRELAS» de Daniel Seijas,en Radio Valga 107.4 FM, para falar dos actos da XIII FESTA DA LAMPREA DO ULLA e da II FEIRA DO AUTOM?BIL ANTIGO EN PONTECESURES.
Intervirán :
Dona Maribel Castro,alcaldesa de Pontecesures
Don José Maria Rey Beiró,concelleiro de Cultura de Pontecesures
Don Carlos Potel,presidente da asociación «Mirandolle os dentes»
Don Antonio Ferriño,membro da asociación «Mirandolle os dentes»

E si non hai fallos técnicos,antes da entrevista, escoitaredes,en exclusiva, un fragmento dunha conversa que Daniel Seijas tivo con desaparecido ilustre cesureño,Raimundo García Domínguez «Borobó»,onde se relata como naceu a feira do automóbil de ocasión de Pontecesures.E se cadra algunha cousa máis….
E coma sempre,musica de orquestras,concursos,adicatorias…dende as 19 h ata ás 2,30h da madrugada,ou como lle cadre.

ESTE XOVES 27 DE MARZO,PALCO DE ESTRELAS CO CANTANTE GERSON GALVÁN

O vindeiro xoves 27 de marzo,no programa das orquestras galegas «Palco de Estrelas» que produce e presenta Daniel Seijas en Radio Valga 107.4 FM,contará coa presencia do gran artísta canario Gerson Galván,actual vocalista da orquestra «Gran Parada» de Rianxo.Virá a presentar o seu último disco en solitario,grabado na República Dominicana. Gersón Galván é ademais compositor (compuso para discos de «Armonia Show») e foi ademais locutor e presentador de radio e televisión.Con este xa son 15 discos grabados por el.

«Palco de Estrelas» Xoves 20 de Decembro

Este xoves 20 de decembro,no programa «Palco de Estrelas», de *Radio Valga 107.4 FM*, dirixido e presentado por Daniel Seijas, contará coa presencia en directo dos membros da orquestra Chárleston Big Band de Padrón, con algúns dos seus novos integrantes:

* *Fran Pahino* (vocalista), finalista no programa da TVE misión Eurovisión 2007, e ex-Colores.
* *Sergio Corral* ex-vocalista das orquestras Colores, Los Trovadores e Alarma.
* *Adrián Freiría*, de Pontecesures, ex-bateria de Impacto, que toca ademais, percusión, teclados e acordeón.
* *José Cao*, guitarrista que xa leva moitos anos na formación padronesa.

Tocarán e cantarán temas en directo no propio estudio central da emisora.

Como é habitual, os ointes poderan participar telefónicamente, falando e preguntandolle cousas ós músicos.