Calquera que queira colaborar non dubide en achegarse ó pavillón situado a carón dos institutos a pasar uha atrde de basket connosco.
Basket Río Ulla
IIª EDICION DO 3×3 BASKET NA RUA: CASE 100 PARTICIPANTES REPARTIDOS EN 24 EQUIPOS DIRONLLE VISTOSIDADE ? TORNEO
Organizado polo Club Baloncesto Rio Ulla , celebrouse por 2º ano consecutivo este espectacular torneo de baloncesto, que sirve para dar inicio a unha nova temporada baloncestística.
Finalmente foron 3 os equipos que participaron neste torneo de na categoria A (Minibasket), 6 na categoria B (Cadete), e 15 equipos na categoria C (Senior).
Na categoría A (minibasket), habilitoúselle un campo nun lateral da igrexa, onde os 3 equipos participantes estiveron xogando unha liguilla que determinou que o gañador foio equipo dos «Allstars»
Os nenos/as dos 3 equipos participantes no momento de recoller os regalos.
Na categoria B, os 6 equipos, dos cales 3 viñeron dende Marín, disputaron pola mañá unha liguilla repartidos en 2 grupos. Xa pola tarde disputaron as semifinais, clasificandose para a final os equipos «Dora exploradora» e «Chicago me limpio». Final gañada contundentemente polos xogadores do «Dora Exploradora»
Os 2 equipos finalistas logo de recoller os seus premios. (Foto de Carlos Parada).
Na categoria C, onde dicíamos que participaron 15 equipos, destacando a presenza de 3 equipos chegados dende Vilagarcia, 1 de Valga e 1 de Dodro, disputouse o campeonato ó longo de toda a tarde, clasificándose finalmente para a final os «Golden boys», frente ó «san Roque», equipo de Vilagarcía, gañando a final os primeiros, que revalidan o título conseguido o ano pasado.
Os 2 equipos clasificados para disputar a final posaron xuntos antes de xogala. Vemos ós «Golden Boys» de negro, e ós arousans «San Roque» de amarelo.
O equipo gañador dos «Golden Boys».
Por último agradecer o apoio das casas comerciais que colaboraron no torneo:
– COCACOLA que nos serviu a bebida para todo o campionato.
– CASA CHAVES, que colaborou doando 1 cea para o equipo gañador dos maiores.
– XOIERIA RIVEIRO, que proporcionou medallas para os equipos gañadores das 3 categorias.
Asimesmo, houbo durante todo o día unha venta de rifas para o sorteo duns regalos obsequio de distintas casas comerciais do pobo.
COMERCIAL MONCHO cedeunos unha batidora, entregada ó gañador do sorteo.
ELECTR?NICA COUSELO donou un mp4 que se foi para Valga.
BELBELLITA REGALOS E AGASALLOS posibilitou que sorteáramos este polo de vestir, que se foi para Marín.
INFOSERVI regaló una minicamara de video, que le tocó a un participante de Marín.
DEPORTES PODIO regalounos este balon, e dende o club xestionamos que o firmaran os xogadores e corpo técnico do OBRADOIRO de Santiago de Compostela, que milita na ACB.
Por último queremos dende a directiva do club resaltar a boa convivencia ó longo do dia, e a deportividade existente ó longo do campionato.
Tamén agradecer a colaboración desinteresada a un grupo de voluntarios/as que posibilitaron que esto se levase a cabo.
E aproveitamos para destacar a colaboración do Concello de Pontecesures para a realización desde evento que, nas 2 edicións levadas a cabo gustou entre os praacticantes do basket local e comarcal.
Basket Río Ulla
ESTE SABADO 15 II EDICION DO TORNEO DE 3×3 BASKET NA RUA NA PLAZUELA
Marcando o inicio dunha nova tempada baloncestística, este sábado o Club Baloncesto Rio Ulla organiza a II edición do Basket na Rua, que se celebrará ó longo de toda a xornada, ampliándose o torneo respecto á I edición.
– Hai 3 categorias:
A) Destinada a nenos/as nados entre 2001 a 2004 (minibasket).
B) nenos/as nadas entre 1997 a 2000.
C) Maiores: Nados/as en 1996 e anteriores.
– As 2 categorias para os mais novos (A e B) xogaránse pola mañá dende as 10 da mañá.
– Pola tarde, dende as 16 h. xogaráse a categoría C.
– As semifinais e final da categoria B, xogaranse despois das 7 da tarde, alternando cas semifinais e final da categoria C.
– Contaremos con sorteos de obsequios donados polas casas comerciais que colaboran nesta edición, e ás que lle agradecemos seu esforzo:
BELBELLITA AGASALLOS E COMPLEMENTOS; COMERCIAL MONCHO; CASA CHAVES; INFO SERVI; ELECTRONICA COUSELO; DEPORTES PODIO E XOIERIA RIVEIRO.
Cultura
Hoxe as 19.30 h. o programa «Vaia Troula» poñerá as imaxes das festas de Porto grabadas o mercores.
Será a partir das 19.30 h. cando a Tvg programe o espacio adicado ás múltiples festas que hai en Galicia chamado «Vaia Troula». Pois ben, hoxe venres sairán as imaxes da festa grabadas antronte: regata de dragons e 1ª verbena a cargo do grupo Zeltia.
Será este vindeiro martes día 28 cando emitan as imaxes da xornada de onte xoves: procesión, mexiloada e verbenas. A hora tamén será as 19.30 h.