OFERTA DE TRABAJO

ANUNCIO

ARMADOR DE EMBARCACI?N DE PESCA DE BAJURA EN LA RÍA DE PONTEVEDRA, NECESITA CONTRATAR A UN MARINERO O PATR?N CON EXPERIENCIA EN LA PESCA CON ARTE DE BOLICHE A PARTIR DEL PR?XIMO MES DE JULIO DE 2012.

INTERESADOS LLAMAR AL M?VIL 639-723-609.

GRACIAS.

RESUMO DAS ASAMBLEAS DO PASADO VENRES DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA, QUE VAI CONTAR CUNHA NOVA DIRECTIVA

A asamblea do C.B. Rio Ulla deste pasado día 15 de xuño, onde a directiva

deu conta dos puntos tratados na orde do dia, e que consistiron en:

 

I) Informe deportivo 2011-12.

Douse conta dos resultados e clasificacións de cada un dos 8 equipos federados cos que contou este club, con un toal de 104 licencias federativas, entre xogadores e adestradores:

1 senior zonal en 3ª autonómica: 27 de 58 equipos en toda Galicia

1 xunior masculino: 44 de 57 en toda Galicia

1 cadete masculino: 6 de 72 en toda Galicia

1 cadete feminino: 10 de 50 en toda Galicia

1 infantil feminino: 21 de 62 en toda Galicia

1 alevin mixto recreativo: 5º de 7 equipos na delegacion de Arousa

1 benxamin mixto: 4º de 9 equipos na delegacion de Arousa.

1 benxamin mixto recreativo: 4º de 8 equipos na delegacion de Arousa.

( Segundo as clasificacions finais da Federacion Galega en www.fegaba.com)

Tamén presentamos os resultados do I Torneo 3 x 3 Basket na Rua Concello de Pontecesures, celebrado en setembro de 2011 na Plazuela de Pontecesures; e que servira para “inaugurar” a tempada a nivel deportivo q agora se pecha. Tivera enorme expectación entre os afeccionados ó basket a nivel comarcal, contando con 12 equipos participantes de categoria xuvenil, e 16 de senior.

Anunciouse para mediados de setembro de 2012 o  II Torneo 3 x 3 Basket na Rua Concello de Pontecesures, e que contaremos con novidades: aberto a todas as idades a partir de 12 anos; e que terá un horario dende a mañá á noite.

Por ultimo agradecer o traballo dos 5 monitores do club, asi coma dos pais que colaboraron cos distintos equipos do C.B. Rio Ulla.

 

II) Presentación do peche definitivo a nivel económico da tempada 2010-11

Diferencia ingresos – gastos: + 690,49

Remanente total a 31.07.11: + 3.622,74 ?

 

III) Avance do estado das contas provisional da tempada 2011-12.

Diferencia ingresos – gastos: calculo aproximado en + 900 ?

Saldo en Conta a 15.06.2012: 3.695,87 ?

Remanente total a 31.07.12: + 4.500 ? aproximadamente.

Pendente  cobro da subvencion da Xunta por importe de 1.910,68 ?

Pendentes de facer os ultimos gastos da tempada.

Contas definitivas a 31.07.12 dannos unha cifra aproximada de 4500 ? de remanente cara á vindeira tempada.

Tras esta asamblea Xeral Ordinaria, celebrouse outra extraordinaria, cesando a a actual directiva e nomeándose outra por unanimidade dos presentes, que rexerá este club os vindeiros 4 anos, formada por:

PRESIDENTA: Monica Espadas Diez.

VICEPRESIDENTA: Yolanda Vieites Dos Santos

SECRETARIA: Ramona Quintá Barros

TESOUREIRO: José Rodríguez Fructuoso

VOCAIS:    Mª José Rial Rodríguez

Ramona Martínez Doce.

Asimesmo esta directiva acordou dar un prazo ata o vindeiro 4 de xullo para que aquelas outras persoas que queiran entrar na mesma coma vocais o poidan facer, para o que deberan dirixirse a calquera membro da directiva.

Os asistentes á Asamblea despediron cun gran aplauso de agradecemento a Rosa Mª Cascallar Potel, e a Benedicta Blanco Garcia,  presidenta e secretaria cesantes, e que estiveron 12 anos nos seus cargos directivos deste club.

ESTE VENRES ASAMBLEA DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA

(CONVOCATORIA ABERTA A XOGADORES/AS, NAIS E PAIS E AFECCIONADOS/AS EN XERAL)

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Rosa Mª Cascallar Potel, Presidente do CLUB BALONCESTO RIO ULLA, convoca á Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o venres día 15 de xuño de 2012 ás 20:15 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 en segunda, no Centro Social de Pontecesures, sito no Camiño a s. Xulián nº 4, co seguinte Orde do Día:

Primeiro.- Informe Deportivo 2011-12..

Segundo.- Informe de Tesoureira:

– Peche Definitivo das Contas da Tempada 2010-11.

– Avance do Peche das Contas da Tempada 2011-12

Terceiro.- Rogos e preguntas.

Á conclusión da Asemblea Ordinaria, no mesmo lugar convócase unha

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Orde do Día:

1.- Renovación dos cargos da Xunta Directiva.

Aquelas persoas en formar parte dunha nova Xunta Directiva poderán presentar a súa candidatura. En caso de que exista mais de 1 candidatura, procederase a votación a man alzada para elección da nova Xunta Directiva que rexerá os vindeiros 4 anos deste club.

En Pontecesures, a 07 de xuño de 2012.

Asdo.- Rosa Mª Cascallar Potel

Presidenta do CLUB BALONCESTO RIO ULLA

OFERTA DE TRABALLO PARA NEGOCIO DE HOSTALERIA

URXENTE.

PRECÍSASE PERSOAL PARA NEGOCIO DE HOSTALERÍA.

Aquelas persoas interesadas en traballar nun negocio de hostaleria próximo  a Pontecesures poden contactar ca súa responsable no teléfono 606 515 518, preguntando por Mª del Carmen, para concertar unha entrevista.

A OFERTA XA CADUCOU

ACTUACION DA CORAL POLIF?NICA DA BARCAROLA ESTE SABADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A Coral da Asocicación A Barcarola vai participar este sábado día 2 nun Festival de Corais que se vai celebrar no Centro Cultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela, a partir das 2o.30 h. Ademais da Coral da Barcarola, participarán outras 3 corais:

Coral Polifónica “Santa Mariña” de Muros.

Coral Polifónica “Cantigas e Agarimos”, de Santiago de Compostela.

Coral Polifónica “Castrosua”, de Santiago de Compostela.