Bastante público nas procesións desta mañá e no Encontro da Plazuela.

A pesar de que choveu nalgún momento, as procesións, que partiron ás 11 horas de Carreiras (co Cristo coa cruz a costas) e de Porto (coa Virxe das Dores), foron bastante concorridas. Na de Carreiras houbo estrea de capuchinos e capirotes para os costaleiros (foron elaborados por Sinda e por Edelmira) de cor violeta. Tamén houbo estrea de capuchinos e capirotes de cor negra para os costaleiros de Porto (foron elaborados por Elena, viúva de Miúco, e por María Cordo) e, nesta comitiva, tamén acompañaron a imaxe da Virxe varias mulleres vestidas coa mantilla española.
O Encontro foi ás 12 horas na Plazuela, onde se pronunciou dende o balcón do Tele Bar o Sermón das Sete Palabras e cantou o Coro Barcarola de Pontecesures.

La fiesta en Padrón extrema el riesgo en la carretera de Pontecesures y Valga.

Los embotellamientos están garantizados, por lo que se aconseja máxima precaución.

La tradicional y multitudinaria fiesta del Concello de Padrón que se celebra entre los días 11 y 19, es garantía de éxito, pero también de embotellamientos en las diferentes carreteras de acceso a la localidad coruñesa, entre ellas, con especial intensidad, las vías que atraviesan Pontecesures y Valga.
Por esta razón se prevén importantes retenciones y no pocos problemas, sobre todo en la localidad pontecesureña y de manera especialmente significativa el domingo, de ahí que se aconseje a los conductores que extremen la precaución.
La Guardia Civil de Tráfico tiene previsto prestar una atención especiala los accesos a la localidad padronesa, y para evitar los atascos, o al menos para no sufrirlos en exceso, se aconseja a los automovilistas del Salnés que se trasladen a la fiesta a través de la autopista o incluso desviándose hasta Catoira hacia Rianxo, para así acceder a la autovía del Barbanza y avanzar por ella hacia Padrón sin necesidad de cruzar Pontecesures.

FARO DE VIGO, 10/04/09

A choiva obriga a trasladar as imaxes da procesión a media noite.

Como ao rematar a misa de Xoves Santo chovía intensamente, o párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, tomou a decisión de que as imaxes de Xesucristo coa cruz a costas, e da Virxe das Dores foran trasladadas a Carreiras e Porto, respectivamente, ás 23 horas do día de onte despois da Hora Santa das 22 horas.
Logo dunha pequena demora, tamen pola choiva, as imaxes foron trasladadas por veciños de ámbolos dous lugares, saíndo as comitivas dende a Igrexa Parroquial as 23:20 horas. Coa axuda de membros de Protección Civil a imaxe da Virxe das Dores trasladouse á casa dos “Pesadiños” da Avda, dos Namorados de Porto, acompañada por veciños e polo párroco, mentres que o Cristo foi trasladado á casa de Edelmira en Carreiras, acompañado tamén por veciños e polo sacerdote, Severino Potel. Neste última casa, rematado o traslado, costaleiros e acompañantes foron agasallados con roscas e viño.
Hoxe, Venres Santo, ás 11:00 horas o Cristo e a Virxe das Dores sairán en procesión ata a Plazuela onde terá lugar o encontro.