Aínda que saíu contenta da actuación, esta vez Adriana, gaiteira do grupo Algueirada, non obtivo premio no concurso de gaiteiros solistas “Xiradela” de Arteixo. Houbo dez participantes cun bo nivel en xeral.
Nesta ocasión Adriana non levou acompañamento, pois unha indisposición de última hora impediu o desprazamento do monitor, Miguel Castaño, á cidade coruñesa.
I Copa de Fútbol Sala Pascua 09 en Cordeiro.
Disputarase o xoves e o venres próximos, de 10 a 22 horas, no pavillón de Beiro.
Os premios serán de 1.500, 600, 300 e 100 euros, máis trofeo para os 4 primeiros clasificados, e o cota de inscripción é de 100 euros (máximo 32 equipos).
O sorteo terá lugar na Casa de Cultura de Campaña o mércores día 8 ás 22 horas.
Rexerán as normas da Federación Galega de Fútbol Sala e haberá servizo de cantina.
Inscricións: 659 822427 e 669 521912
O sábado 11 de abril, velada de boxeo en Padrón.
Abrirán as instalacións do pavillón do Souto, ás 21 horas, comezando os combates ás 22 horas. Haberá cinco combates amateur (disciplina olímpica), una exhibición de capoeira e 1 combate neo profesional.
Venda anticipada de entradas: Ximnasio Atlanta.
O Venres Santo, a “pulpeira” do Carballiño estará no Bar Choco todo o día.
Ante o grande número de persoas que degustaron o polbo na praza dos Valeiros de Porto o venres día 3 e o domingo día 5 de abril, a “pulpeira” estará o venres día 10 pola mañá e pola tarde para servir o exquisito producto.
Se houbo moito xente o venres pasado, onte ao mediodía foi espectacular, estimandose que tanto dentro do Bar Choco, como fóra, na praza dos Valeiros, houbo máis de 400 persoas degustando o polbo. Acompañou o tempo e houbo moi bo ambiente.
Precisan contratar conductores para a zona de Pontecesures e Valga.
Dende Nortempo ETT anuncian que precisan contratar conductores para os vehículos do 065 (traslados de persoas dependentes). ? imprescindible posuir o carnet de conducir D.
Os interesados deben chamar ao 981 590565 e preguntar por Catalina. Tamén poden enviar o currículo áo seguinte enderezo de correo electrónico:
selecciónsantiago@nortempo.com
Vuelven a recaudar otros 1.200 euros para acoger a niños del Sáhara en Pontecesures.
En la praza da Lonxa de Pontecesures estuvo instalado ayer el rastrillo por las familias de la comarca que acogen a niños saharauis durante el verano aprovechando que se celebraba la Festa da Lamprea y la Feira del Automóbil Antigo e de Ocasión.
El pasado día de la romería de San Lázaro (29 de marzo), recaudaron 1.200 euros. Pues bien; ayer recaudaron otros 1.200, lo que hace un total de 2.400 euros. Satisfechos estaban los organizadores de este rastrillo a los que hay que felicitar por su iniciativa humanitaria.