Composición das mesas electorais para os comicios do 27 de maio.

Celebrouse hoxe no pleno o sorteo para elixir os membros das 3 mesas de Pontecesures. A composición quedou así:

Sección 1ª Mesa U (a ubicada no Centro Xuvenil).

TITULARES
Presidente: María Consuelo Piñeiro Blanco
1º Vocal: María Isabel Rey García
2º Vocal: Oscar Sobrino Moreiras

SUPLENTES
1º Suplente do Presidente: Begoña Grela Cerqueiras
2º Suplente do Presidente: Susana Dopazo Rodríguez
1º Suplente do 1º Vocal: María Teresa Ferreiro Magán
2º Suplente do 1º Vocal: José Antonio Rodríguez Codesido
1º Suplente do 2º Vocal: María Carmen Eitor Grela
2º Suplente do 2º Vocal Juan José Estévez Jamardo

Sección 2ª Mesa A (no CPI Pontecesures)

TITULARES
Presidente: Benxamín Blanco Vázquez
1º Vocal: María Bernarda Fontenla Villamarín
2º Vocal: Juan Luis Cebreiro Ordóñez

SUPLENTES
1º Suplente do Presidente: Raúl Ces Rodríguez
2º Suplente do Presidente: María Isabel Castro Rodríguez
1º Suplente do 1º Vocal: Rosa María Barreiro Castro.
2º Suplente do 1º Vocal: Rosa María Ares Nieto
1º Suplente do 2º Vocal: María Dolores Amo Doce
2º Suplente de 2º Vocal: Ramón Barros Bueno

Sección 2ª Mesa B (tamén no CPI Pontecesures)

TITULARES
Presidente: Fernando Riobo Estévez
1º Vocal: Alberto Míguez Rodríguez
2º Vocal: Jesús Jamardo Miguéns

SUPLENTES
1º Suplente do presidente: Susana Lojo Rodríguez
2º Suplente do presidente: María Luisa Vázquez Núñez
1º Suplente do 1º Vocal: María Angeles Suárez Baleirón
2º Suplente do 1º Vocal: Susana Mondragón César
1º Suplente de 2º Vocal. Inocencio Ranz Fois
2º Suplente de 2 Vocal: Karina María Rodríguez Rodríguez

Nos vindeiros días estas persoas van ser notificadas e poderán solicitar na Xunta Electoral de Zona de Pontevedra a súa substitución por razóns moi xustificadas.

Satisfacción pola actuación de Algueirada onte en A Estrada.

No concurso de baile galego organizado pola agrupación municipal “Tequexetéldere” e celebrado onte pola tarde no Teatro Principal de A Estrada o Grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures obtivo varios premios. Os nenos/as menores de 9 anos obtiveron o 2ª premio. As nenos de 9 a 13 anos obtiveron o 3º premio e os nenos/as de 12 a 16 anos obtiveron o 3º premio.

O teatro estaba ateigado de público (unhas cincocentas persoas) e os rapaces de Pontecesures estiveron moi ben, salientando a actuación dos pequeniños.

Hai que felicitar ao monitor Martín Agrasar Vázquez polo gran labor que está a realizar.

O luns día 30 pleno para o sorteo dos membros das mesas electorais.

As 13 horas do luns día 30 de abril no Salón de Sesións da Casa do Concello terá lugar o pleno para o sorteo dos membros das mesas electorais dos comicios locais do 27 de maio.
Lémbrase que en Pontecesures fórmanse tres mesas. Unha estará ubicada no Club Xuvenil (Sección 1ª, Mesa Unica), mentres a outras dúas serán instaladas en aulas do CPI Pontecesures (Sección 2ª, Mesas A e B dependendo do primeiro apelido do/a elector), entrando pola porta que da ao Pino Manso.
Elíxense 9 membros por mesa (un presidente e dos suplentes; un primeiro vogal e dous suplentes; e un segundo vogal e, tamén, dous suplentes) e só por razóns legais pode verse liberada unha persoa desta obriga correspondéndolle esta decisión a Xunta Electoral de Zona.

Mañá sabado, manifestación en Campaña

O concello de Valga ven de facer pública a seguinte nota:

MANIFESTACI?N

PASOS A NIVEL. SUPRESI?N XA

Mañá sábado ás 11.30 da mañá do Campo da Festa de Campaña, sairá a manifestación para que por parte do Ministerio de Fomento e de Renfe se acometan, dunha vez por todas, as obras de supresión dos pasos a nivel, segundo o acordado polos voceiros dos distintos grupos políticos deste concello.

ACODE

O grupo “Algueirada” participa nun concurso en A Estrada.

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

O domingo día 29 de abril o grupo folclórico ??Algueirada? pertencente a esta ANPA participa nun concurso de baile galego en A Estrada que organiza a Agrupación Municipal ??TEQUEXET?LDERE? e que se celebra no Teatro Principal ás 17 horas.
Neste concurso participarán 20 agrupacións de toda a comunidade autónoma e a nosa agrupación intervirá con tres grupos (nenos/as de ata 9 anos, de 10 a 12 anos, e de 12 a 16 anos) cun máis de 30 integrantes en total, baixo a dirección do monitores Martín Agrasar e Miguel Castaño.

Esperamos que teña sorte o noso grupo neste importante evento.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente