Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Satisfacción pola actuación de Algueirada onte en A Estrada.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No concurso de baile galego organizado pola agrupación municipal “Tequexetéldere” e celebrado onte pola tarde no Teatro Principal de A Estrada o Grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures obtivo varios premios. Os nenos/as menores de 9 anos obtiveron o 2ª premio. As nenos de 9 a 13 anos obtiveron o 3º premio e os nenos/as de 12 a 16 anos obtiveron o 3º premio.

O teatro estaba ateigado de público (unhas cincocentas persoas) e os rapaces de Pontecesures estiveron moi ben, salientando a actuación dos pequeniños.

Hai que felicitar ao monitor Martín Agrasar Vázquez polo gran labor que está a realizar.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.