Hoxe e mañá verbenas en Valga.

Hoxe, 1 de setembro, na festa na honra de San Roque estarán na verbena as orquestras D’Tacón e Marimba. Mañá, 2 de setembro, na festa na honra da Virxe das Dores estará na verbena o dúo Master e a orquestra D’Moda.
As verbenas serán no parque Dios Mosquera de Ponte Valga e comezarán ás 22:30 horas.

El Bloque padronés llama a revisar una batería de farolas con el cableado al aire.

Una farola con deficiencias en Mollet del Vallès, Padrón.

El edil Xoán Santaló exige que inspeccionen todas las del municipio, al detectar fallos hasta en un parque

.
El BNG de Padrón, en boca de su portavoz, Xoán Santaló, acaba de presentar un escrito en el ayuntamiento para instar a que se revise un número indeterminado de farolas municipales que presentan su cableado descubierto y al alcance de la mano de los peatones y, sobre todo niños.

Así, Santaló apunta que “un gran número de farolas do casco urbano de Padrón están sen a tapa de acceso ao cableado e dispositivos eléctricos internos das farolas”. Al parecer, y según se desprende del dossier fotográfico que acompaña el escrito, el orificio que debería cerrar dichas tapas está a unos 30 centímetros de altura sobre el suelo, “de tal maneira que o interior do cableado e dispositivos eléctricos da farola son totalmente accesibles aos rapaces máis pequenos”, apostilla el edil nacionalista de Padrón.

EL CORREO GALLEGO, 30/08/12

Resposta ao goberno local de Pontecesures sobre a reixa do Camiño Portugués en Condide.

Sobre ás 9 da mañá do luns 27 de agosto un veciño infórmoume da deficiencia dicindo que foran colocadas unhas ponlas no oco para advertir do perigo, e sobre as 18 horas visitei o camiño e tomeu a fotografía no lugar. Quedei realmente alarmado polo perigo e a primeira hora do martes 28 de agosto enviei un escrito á Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo xuntando a fotografía do día 27 e pregando o arranxo inmediato. Iso foi o que fixen pois a obriga que teño como concelleiro é preocuparme por este tipo de cousas. ¿Non pode ser que os técnicos do Xacobeo viñeran o día 28 de agosto, porque a primeira hora dese día tiñan coñecemento do escrito que enviei?
Parece que lle molesta ao goberno local que estea interesado en que sexan subsanadas as deficiencias, que faga xestións diante dos organismos competentes para que se arranxen estes temas en beneficio de todos, que se fagan tarefas de fiscalización, que informe os veciños da desidia na xestión municipal, etc…Nesta ocasión, na que nin sequera culpei ao goberno local de nada, nin o citei nin no escrito nin na prensa, arremeten contra min chamándome mintireiro e manipulador. Incrible que un goberno serio insinúe que eu “fabriquei” a fotografía, retirando una reixa adrede. Isto é gravísimo pois case intúese que podería provocar un accidente. Errarei moitas veces, farei a oposición mellor ou peor segundo o xuizo de cada quen, pero toda a xente sabe que eu non sería quen de provocar unha deficiencia para facer unha foto (coas deficiencias que temos no municipio, pódense facer moreas de fotografías en moitos sitios).
En fin; que ademais de seren un goberno apático e ineficaz, tamén vexo que actúa con desesperación para disfrazar a súa falla de iniciativas. Pois que traballen, que teñen todo o municipio abandonado, a pesar de que tres dos seus integrantes perciben un salario que pagamos todos.

A pesar da súa recolocación hoxe, segue solta a reixa do Camiño Portugués en Condide.

Neste día enviouse á Xerencia da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo o seguinte escrito:

“Logo da comunicación de onte sobre a grave perigo, sobre todo para os ciclistas, que representaba a reixa de pluviais solta e levantada no tramo de Pontecesures do Camiño Portugués da Ruta Xacobea (zona de Condide) alguén hoxe recolocou a verxa e retirou as ponlas que puxeran os veciños para advertir do perigo.

Porén; hai que lembrar que a reixa, ainda que está no seu sitio agora, segue solta nos seus apoios laterais ao pavimento e o normal é que, en calquera intre, se mova deixando o oco de novo.

En consecuencia, prégase que se realice unha pequena actuación fixando con formigón a verxa ao pavimento de adoquín existente para impedir que cada dous por tres esteamos con este problema que pode causar un disgusto. ? preciso que se faga unha actuación en certo modo definitiva para tranquilidade de todos.

Pontecesures, 29/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán”

I Torneo de Fútbol Sala “Pino Manso” 2012 en Pontecesures.

Celebrarase no pavillón municipal de Pontecesures os días 7, 8 e 9 de setembro. O día 7 xogarase das 20 ás 24 horas. O día 8 dende ás 20 ata ás 23 horas. O día 9, as semifinais o 3º e 4º postos e a final xogaranse a partir das 17 horas.

O prezo de inscrición será de 60 ? e o día límite fara facelo pago será o 4 de setembro. O horario e o cadro de partidos repartirase o día 5 de setembro na pavillón.

Premios:
1º clasificado. 400 ?
2º clasificado: 120 ?
3º clasificado: 60 ?
Pode alterarse o valor dos premios en función dos equipos que participen.

Organiza: ASD ANTREASMATAS. Información: Tfno.: 618/601961 (David).
Haberá cantina.