Educación de adultos en Pontecesures.

Está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas de adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA) as que se poden incorporar todas aqu7elas persoas maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais kpara obter o título de Garduado en Secundaria, curso 2010/2011, e preparación para as probas libres de xuño e setembro.
Co Graduado Escolar e/ou certificado de escolaridade accédese directamente ao 2º nivel de secundaria (3º e 4º de ESO), podendo obter o título nun só curso.
As clases serán impartidas en horario nocturno.
Así mesmo, as persoas mennores de 18 anos, e maiores de 16 poderán matricularse no caso de que conten cun contrato de traballo.
Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres, de 9 a 13:30 horas.

Solicitase a pavimentación da Subida ás Escolas de Pontecesures no PEIM 2010.

A Consellería de Medio Rural ven de comunicar que lle corresponde a
Pontecesures a cantidade de 20.163,97 para o Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). En realidade é un tercio do importe, estándose a espera de que a Xunta resolva co Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino a achega dos dous tercios restantes, xa que o importe asignado a Pontecesures é de 60.491,90 euros.

Para estes 20.163,97 euros da Xunta o Concello de Pontecesures solicitou a inclusión da obra de pavimentación do vial da subida ao CPI Pontecesures, dende a estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira, a ta a zona do Pino Manso, que se atopa en condicións deficientes. Así o advirten os numerosos conductores de vehículos e peóns que utilizan este vial a cotío.

Finalizan las obras de instalación en el río Ulla del pantalán para uso del Club Náutico.

Pantalán flotante instalado en el Ulla por Portos de Galicia.

El ente público Portos de Galicia finalizó el jueves las obras de instalación del pantalán flotante en el muelle de Pontecesures, una infraestructura que será utilizada por los deportistas del Club Náutico, que hace tiempo reclamaban la mejora para resolver las dificultades con las que se encontraban sus deportistas ­especialmente los más pequeños­ para acceder a las embarcaciones. De hecho, un representante del Náutico llegó a plantear personalmente esta reclamación al presidente de Portos, José Manuel Álvarez-Campana, en una visita que realizó al municipo con motivo de la presentación de un anteproyecto para la mejora integral de la zona portuaria y del muelle.
La administración autonómica invirtió en la instalación del pantalán una partida de 40.000 euros con cargo al Plan de Investimentos en Obras Menores (PIM). A lo largo de las últimas semanas se desarrollaron en el muelle cesureño las tareas de colocación de la pasarela, que cuenta con dos pilotes y un módulo de doce metros de longitud. La rampa, de 16 metros por dos de ancho, está formada por bastidores de aluminio, flotadores, galería técnica para los servicios, defensas de goma y piso de madera.

El gobierno local agradece a Portos que haya cumplido su compromiso con una mejora tan necesaria para los piragüistas.

DIARIO DE AROUSA, 12/09/10

Excursión para maiores do Concello de Pontecesures.

Para o sábado 9 de outubro o concello organiza unha excursión a Baiona co seguinte programa:
-Saída ás 8:30 dende a Plazuela con dirección a Baiona con parada no traxecto.
-Visita ao pobo de Baiona, á Virxe da Roca e á carabela A Pinta.
-Comida en Moaña.
-Visita á vila de Cangas de Morrazo e ao cruceiro de Hío.
-Regreso con parada no traxecto.

Prezos: 20 euros de cota xeral e 15 euros de cota reducida (inclúe todos os custos: guía, autobús, entradas, seguro de viaxe). Prazas limitadas.

Inscricións: ata o 5 de outubro.

Requisitos: ser maiores de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

A cota reducida aplicarase se ás persoas que acrediten documentalmente ter ingresos inferiores a 336 euros mensuais (certificado do INSS ou de entidades bancarias).

Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria ou ás oficinas xerais de 9 13:30 horas e tamén nos seguintes teléfonos: 986/557125 e 986/564409

O CPI Pontecesures preparado para o comezo do curso escolar.

Practicamente remataron os traballos para que o CPI Pontecesures estea nas mellores condicións o venres, 10 de setembro, para o comezo do curso escolar 2010/2011.
Por parte do Concello de Pontecesures realizouse unha limpeza a fondo dos interiores e dos exteriores do recinto, e pintouse ademais a zona de aparcadoiro na entrada ao edificio administrativo do colexio. Tamen se pintou a fachada do
polideportivo municipal que tamén utilizan os alumnos na actividade lectiva e colocáronse novas portas nesta instalación.
Pola súa parte o centro afrontou o custo da reparación dunha pequena zona danada no solo de madeira do ximnasio do colexio. Hai tempo, a Consellería de Educación arranxou parte da cuberta deste edificio que tiña deficiencias e provocaba pingueiras. Estas filtracións ocasionaron danos na madeira que non foron reparados xunto coa cuberta. Como había problemas para a práctica deportiva (perigo de caidas polo firme irregular) substituise a madeira podre. Agora só queda limpar a fondo a instalación despois da obra, que é unha tarefa que asumirá o concello.

Adxudicada a obra do albergue de peregrinos de Pontecesures.

Con data 31/08/10 a Sociedade Pública de Investimentos, adxudicou a AIN Empresa de Servicios Construcción S.L. de Teixeiro (Curtis) a obra de construcción do Albergue de Peregrinos de Pontecesures por un importe de 340.775,86 euros (o prezo de saída da licitación foi de 371.936,57 euros). Tamén houbo unha baixa no prazo de execución da obra, pois en lugar de seis meses, o contratista adxudicatario ofreceu rematala en catro.
Lémbrase que o albergue vaise construir rehabilitando o edficio das antigas escolas dos mestres do C.P.I que foron desafectadas e cedidas polo Concello de Pontecesures á S.A de Xestión do Plan Xacobeo.
O goberno local celebra adxudicación aínda que sexa logo dunha demora tan importante. Esperemos que agora as obras comecen canto antes e podamos contar co albergue que tanto necesitamos.