Adxudicada a obra do albergue de peregrinos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Con data 31/08/10 a Sociedade Pública de Investimentos, adxudicou a AIN Empresa de Servicios Construcción S.L. de Teixeiro (Curtis) a obra de construcción do Albergue de Peregrinos de Pontecesures por un importe de 340.775,86 euros (o prezo de saída da licitación foi de 371.936,57 euros). Tamén houbo unha baixa no prazo de execución da obra, pois en lugar de seis meses, o contratista adxudicatario ofreceu rematala en catro.
Lémbrase que o albergue vaise construir rehabilitando o edficio das antigas escolas dos mestres do C.P.I que foron desafectadas e cedidas polo Concello de Pontecesures á S.A de Xestión do Plan Xacobeo.
O goberno local celebra adxudicación aínda que sexa logo dunha demora tan importante. Esperemos que agora as obras comecen canto antes e podamos contar co albergue que tanto necesitamos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.