A Carreira Popular de Pontecesures pecha hoxe a súa inscrición.

A proba foi programada de novo para este domingo, 2 de febreiro, logo de ser suspendida polo temporal Herminia.

Oimpacto do temporal Herminia obrigou o pasado domingo á suspensión da práctica totalidade da actividade e dos eventos deportivos na comarca de Arousa. Entre os damnificados figuran os 707 inscritos cos que, o mércores da semana pasada, pechaba o prazo de inscrición na vixésimo cuarta Carreira Popular Concello de Pontecesures.

De mutuo acordo coa empresa encargada da organización da proba, Emesports, o goberno local fixou para este domingo, 2 de febreiro, a nova data da carreira. Unha reprogramación que veu acompañada da reapertura do prazo para anotarse nela, e tamén para desistir de participar nos casos de aqueles apuntados de primeiras aos que agora non lles encaixe ben correr este domingo. O tempo para facer calquera das dúas cousas remata hoxe mércores, ás 23.59 horas.

Polo demais, a Carreira Popular Concello de Pontecesures mantén todo igual. Os atletas das categorías júnior, sénior e master teñen a posibilidade de optar por correr 4 ou 8 quilómetros, debendo facer constar a súa elección no momento no que se inscriban. A saída destas tres categorías será conxunta, ás once da mañá desde a Prazuela.

Máis tarde, cadetes e infantís comezarán a correr ás 11.45 horas, cun percorrido de 1.500 metros, os alevíns e os benxamíns (1.000 metros) faráno ás 12, os pitufos (nados nos anos 2018 e 2019) ás 12.30 con 450 metros por diante e os biberóns (2020 e posteriores) ás 12.40 con 150 metros.

A proba repite a súa condición solidaria, desta volta, coa recadación destinada a apoiar o labor de protección medioambiental feito pola asociación Adega.

La Voz de Galicia

O Concello de Pontecesures felicita a Daniel Serramito Esperón.

𝐃𝐚𝐦𝐢á𝐧 𝐒𝐞𝐫𝐫𝐚𝐦𝐢𝐭𝐨 𝐄𝐬𝐩𝐞𝐫ó𝐧, acadou a medalla de prata nas categorías 𝐋𝐨𝐢𝐭𝐚 𝐎𝐥í𝐦𝐩𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐋𝐨𝐢𝐭𝐚 𝐒𝐚𝐦𝐛𝐨 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐋𝐨𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐎𝐥í𝐦𝐩𝐢𝐜𝐚𝐬 celebrado en Santiago de Compostela o 25 de xaneiro.

O deportista cesureño avanza imparable na súa carreira deportiva tras proclamarse campión galego en loita sambo o pasado ano.

Concello de Pontecesures

O Concello de Pontecesures homenaxea a Alba Buján.

Alba Buján Miguéns e a súa cadela Valquiria foron recoñecidas polo seu 5º posto no Mundial de Canicross ICF celebrado en Bardonecchia (Italia). Na súa primeira competición internacional, destacaron na categoría CaniCross Junior, superando un duro percorrido de 4 km con 120 m de desnivel positivo, competindo contra 21 deportistas de toda Europa.

Durante o acto, celebrado no Salón de Plenos, a alcaldesa Maite Tocino destacou o seu mérito: “Esforzo, sacrificio e compromiso que serven de exemplo para a mocidade e para toda a sociedade”. O concelleiro de Deportes, Alberto Rivas, tamén subliñou a importancia de dar visibilidade aos deportes minoritarios como o Canicross.

Promover o respecto, a colaboración e o vínculo coa natureza son valores fundamentais que esta disciplina representa. Alba e Valquiria son un orgullo para o Concello Pontecesures e un exemplo de superación para todos.

Parabéns, campioas!

Concello de Pontecesures

Seiscientos atletas participan el domingo en la XXIV Carreira Popular de Pontecesures.

Seiscientos atletas participan el domingo en la XXIV Carreira Popular de Pontecesures
La Carreira de Pontecesures celebra este domingo su XXIV edición / Gonzalo Salgado

Seiscientos atletas, de los cuáles más de 350 son de categoría absoluta, participan este domingo en la XXIV Carreira Popular de Pontecesures, que como es habitual permite a los participantes elegir la distancia a correr de 4 u 8 kilómetros. Organizada por el Concello tiene carácter solidario en favor de la Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), que trabaja en defensa del medio ambiente. Por lo que la recaudación obtenida de la inscripción en la prueba absoluta (6 euros por participante) será destinada a los proyectos de ADEGA. También existe la posibidad de colaborar con la causa sin necesidad de participar en la prueba a través del “dorsal solidario”.

Las pruebas comienzan a las 11 horas en un circuito urbano con salida y llegada en la Prazuela.  Los primeros en salir serán los de la categoría absoluta, tanto los que correrán 4 como 8 kilómetros (incluyendo a júniors y másters).  A las 11:45 horas lo harán infantiles y cadetes sobre un trazado de 1.500 metros. A las 12 horas alevines y benjamines (1.000 metros), mientras que los denominados pitufos (nacidos en 2018 y 2019) correrán 450 metros a las 12:30 horas. Los últimos en participar serán los atletas de la categoría “biberón” (nacidos en 2020 y años posteriores) a las 12:40 horas para recorrer unos 100 metros.

En cuanto a los premios, todos los participantes recibirán una camiseta técnica a la hora de retirar su dorsal. Habrá medallas para los tres primeros de las categorías escolares, a excepción de biberones y pitufos, donde todos los participantes recibirán medalla. Habrá trofeos para los tres primeros de las categorías absolutas, así como para las personas con más edad y los mejores cesuñeros. La organización reparte 600 euros entre los tres mejores clubes (300, 200 y 100 euros), estableciendo la clasificación en función de los resultados de sus 8 mejores atletas clasificados. 

Diario de Arousa

Héctor Celda se estrenará este curso como sub 23 en el Padronés Cortizo.

Se convierte en el cuarto fichaje del conjunto gallego

El Padronés Cortizo sigue confirmando los nombres de los corredores que integrarán su plantilla en este curso 2025. El equipo gallego apuesta por jóvenes promesas del ciclismo nacional e internacional como base de su proyecto. Así, la escuadra padronesa acaba de adelantar la incorporación del valenciano Héctor Celda, que debutará como sub 23 a las órdenes de Marcos Serrano después de protagonizar una brillante campaña en el Picusa Academy.

Héctor Celda (Silla, Valencia, 2006) fue uno de los corredores más destacados en el conjunto de O Porriño, firmando victorias importantes en la Challenge Volta ao Barbanza y en el trofeo Moixent. Además, fue tercero en la Volta ao Concelho de Loulé Juniores. Se quedó a las puertas del podio en la Volta a Portugal de categoría juvenil, en la que finalizó cuarto. «Me considero un corredor versátil, que se desenvuelve bien en cualquier tipo de terreno, si bien mi punto fuerte es la montaña», señala el levantino.

Celda llega a Padrón recién alcanzada la mayoría de edad. A finales de diciembre cumplió 18 años. Lo hace con los pies en la tierra, consciente de que tocará adaptarse al cambio de categoría. «Es cierto que si se presenta la oportunidad de luchar por ganar carreras no la voy a desaprovechar, pero mi objetivo para esta campaña debe ser ayudar al equipo en todo lo que necesite», asegura. El corredor celebra su incorporación al Padronés Cortizo. «Decidí fichar porque desde el primer momento confiaron en mí. Además, tienen una estructura con un potencial muy grande y una gran organización que me puede ayudar bastante en el futuro. Estoy muy ilusionado de cara a la nueva temporada, ya que me incorporo a un equipo que tiene una idea del ciclismo y unos valores que coinciden con los míos y contribuirán a que siga progresando».

Celda se convierte en el cuarto fichaje del Padronés tras Adam Strejcek, Jordi Artigues e Ibán Gutiérrez. Además, se confirmó la continuidad de Martín Rey, Marc Torres, Fran Bennàssar, Pablo Bonilla, Samuel Flórez, Luis López, Óscar García y Maksym Bilyi.

La Voz de Galicia

A Carreira Popular de Pontecesures abre inscrición e recadará fondos para Adega.

MONICA IRAGO

A proba oferta un ano máis as distancias de 4 e de 8 quilómetros para os corredores das categorías sub-18, sénior e máster

Odomingo 26 de xaneiro ás once horas a Prazuela escoitará o pistoletazo de saída da vixésimo cuarta edición da Carreira Popular de Pontecesures. Unha proba que desde hai xa anos conta coa peculiaridade e o atractivo de ofrecerlles aos corredores das categorías júnior (sub-18), sénior e máster a oportunidade de competir sobre unha distancia de 4 quilómetros ou de 8, facendo a escolla no momento da súa inscrición. Algo que poderán facer ata as 23.59 horas do día 22 de xaneiro a través do sitio web www.emesports.es.

As categorías mencionadas, que comparten hora de saída, esixen o pagamento de 6 euros no momento do rexistro dos participantes. Un diñeiro que cada ano vai destinado a unha causa solidaria ou a apoiar o labor social dunha asociación. Desta volta, a beneficiaria será Adega, o colectivo de defensa ambiental máis activo e con maior implantación de Galicia, dedicado a promover un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre estados diferentes.

Ademais das cinco categorías júnior, sénior e máster (3), cadetes (nados nos anos 2010 e 2011) e infantís (2012 e 2013) compartirán saída ás 11.45 e 1.500 metros de carreira, os alevíns (anos 2014 e 2015) botarán a correr ás 12 cun quilómetro por diante, os benxamíns (2016 e 2017) ás 12.15 coa mesma distancia cos alevíns, os pitufos (2018 e 2019) ás 12.30 con 450 metros, e os biberóns (nados no 2020 e posteriores) ás 12.40 con 150 metros de percorrido.

Correr nas categorías cadete e inferiores é de balde. Con todo, os pais e titores dos rapaces teñen a posibilidade de sacarse un dorsal solidario personalizado por 6 euros en www.emesports.e mesmo elevar, como os futuros participantes nas probas de 4 e de 8 quilómetros ou calquera particular, a contía que se lle doará a Adega aumentando o prezo da súa inscrición no momento de formalizala.

Haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría, trofeos para os tres mellores das clasificacións dos 4 e dos 8 quilómetros, para a persoa de maior idade que consiga rematar a proba polos seus propios medios e ao primeiro cesureño e cesureña nos 4 e nos 8 quilómetros. A nivel de clubs, repartiránse 300, 200 e 100 euros para os mellores, sendo obrigado que oito dos seus atletas logren cruzar a meta.

La Voz de Galicia

XXIV Carreira Popular (2025) en Pontecesures

XXIV Carreira Popular (2025) en Pontecesures
XXIV Carreira Popular (2025) en Pontecesures

Programa 2025

Este año la Carreira Popular del municipio de Pontecesures llegará a su vigésima cuarta edición. La cita de este ya clásico evento deportivo será el próximo domingo 26 de Enero a partir de las 11.00 horas, y tanto su salida como meta estarán ubicadas en A Plazuela.

La distancia mínima será de +/- 150 metros, correspondiente a las modalidad biberones, y la máxima de 8 kilómetros, que deberán completar los participantes de la categoría absoluta.

En la carrera podrán participar tanto atletas federados como no federados.

El precio de la inscripción será gratuita para las categorías escolares (de biberones a cadete) y tendrá un coste de 6 euros para los participantes de la prueba absoluta (de junior a master).