?ltima hora: O Valdeza/Bar Juan gaña o I Memorial Victoriano Trenco de fútbol 7.

Nesta mañá de choiva disputáronse as dúas semifinais no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures cos seguintes resultados:

Sol y Mar 4, A Palmeira 1
Valdeza/Bar Juan 3, Bar Muelle 1.

De seguido disputouse a final, que gañou o Valdeza/Bar Juan ao Sol y Mar por 2-1.

Rematada a final deste memorial en lembranza de Victoriano Trenco, que foi organizado polo “Joyería Riveiro” de fútbol veterano e pola Asociación Cultural “A Estornela” de Pontecesures, a viúva de Victoriano, Josefa Diz, que asistiu á final coa compaña dunha filla, entregou o trofeo ao equipo gañador.
Antes, a organización do torneo agasallou aos familiares do que fora alcalde de Pontecesures cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.
O equipo gañador, quixo que a viúva de Victoriano conservara o trofeo como lembranza do memorial e, entre unha forte ovación, entregou de novo o trofeo a Josefa Diz con ese fin.

Actividades deportivas do Concello de Pontecesures para nenos.

Serán no pavillón municipal e terán carácter gratuito:

Luns: De 16:00 a 17:00 horas, futbito benxamins B. De 17:00 a 18:00 horas, futbito benxamíns A. De 18:00 a 19:00 horas, futbito alevín e infantil.

Martes: De 16:30 a 17:30 horas, baloncesto alevíns. De 17:30 a 18:45, baloncesto infantil feminino. De 18:45 a 20:00 horas, baloncesto infantil masculino. De 20:00 a 21:30 horas, baloncesto xunior masculino.

Mércores: De 16:00 a 16:50 horas, futbito pequeniños. De 16:50 a 17:45 horas, fútbol pequeniños.

Xoves: De 17:00 a 18:15 horas, baloncesto infantil masculino. De 18:15 a 19:30 horas, baloncesto infantil feminino. De 19:30 a 21:00 horas, baloncesto xunior masculino.

Venres: De 16:30 a 17:30 horas, baloncesto alevín. De 17:30 a 18:30 baloncesto benxamín: de 18:45 a 20:00 horas, baloncesto infantil feminino. De 20:00 a 21:30 horas, baloncesto xunior masculino.

Para inscribir aos nenos hai que dirixirse aos monitores no pavillón

BALONCESTO: NOVA XORNADA PARA AS INFANTIS NO GROVE, E OS XUVENÍS XOGAN UN AMISTOSO MA?Á SABADO

Logo da victoria sen contemplacións da pasada fin de semana (59 a 8), o noso equipo infantil feminino xoga este domingo no campo do Meco de O Grove, ás 17 h., en teoría un dos rivais para optar á 1ª praza que daría opcións de clasificarse para a liga galega. Non esquezamos que hai uns meses foron as grovenses as que lle gañaron a final copeira ó noso equipo.

Por outra banda, mañá sábado ás 12 da mañá, os mozos do noso equipo xunior van xogar no polideportivo de Pontecesures contra o Peleteiro de Santiago un partido amistoso, logo deste mes de adestramentos. Está previsto que a vindeira fin de semana se lle devolva a visita a este equipo, pensando en prepararse para o inicio do campionato zonal xunior, previsto a finais de outubro.

O domingo, 4 de outubro, final de fúbol-7 no memorial Victoriano Trenco.

A partir das 10 horas da mañá, disputaranse no campo “Ramón Dieguez” de Pontecesures as semifinais:

Sol y Mar-Gasolinera A Palmeira
Bar Muelle-Valdeza Bar Juan.

Ás 11:30 horas, disputarase a final entre os vencedores.

Lémbrase que con este torneo, lémbrase, no cabodano do seu falecemento, a Victoriano Trenco Romay, que foi alcalde de Pontecesures e un grande amante do fútbol (coma xogador, coma adestrador e coma afeccionado)

Bacalaos España de Pontecesures, segundo en el VIII Torneo Galicia de Empresas de golf.

Bacalaos

En el Club de Golf Val de Rois se celebró el VIII Torneo Galicia Empresas en el que se impuso la pareja formada por Javier Castillo y Sara Fernández, de Tarrío&Suárez, seguida de José Pérez España y José Ramón Bustelo, de Bacalaos España, y Suso Suárez y Evaristo García, de EL CORREO GALLEGO.

Vida Social Gallega. EL CORREO GALLEGO, 27/09/09

BALONCESTO: AS NENAS INFANTÍS ABREN A TEMPORADA OFICIAL 2009/10

Será mañá sabado a partir das 12 do mediodia cando se inicie unha nova temporada de baloncesto. Neste caso o equipo infantil feminino disputará o primeiro encontro da liguilla de clasificación para a liga galega. O lugar será o polideportivo de Pontecesures, contra un novo equipo na categoría, o Marín peixegalego. Apenas se teñen reerencias deste equipo, sabendo que xogaron pro priomeira vez federadas a temporada pasada en alevíns. As rapazas de Antonio son as primeiras en iniciar unha nova temporada de xeito oficial para o Extrugasa Rio Ulla.

 

Tamén o equipo senior vai disputar o seu primeiro encontro, e tamén o vai facer mañá sábado a partir das 19 h. en Pontecesures. Será un partidillo de adestramento contra o equipo veciño de Padrón, equipo que se acaba de renovar, contando con  moita xuventude nas súas filas. Tamén no Extrugasa Rio Ulla terán ocasión de xogar moitos minutos as novas fichaxes do equipo, tendo en conta que mañá varios dos veteranos do equipo no van xogar. Así, programous este partidillo non oficial para ir acoplnado ós novos é quipo. Ditas pachangas esperámolas repetir algunha outra vez ó longo do ano, sobre todo nestes meses iniciais para ir collendo ritmo de xogo, e probar defensas e ataques, sendo menos importante o resultado final destes partidiños.

ANTIA SANMARCO, XOGADORA ALEVIN DO CLUB RIO ULLA ACUDIRÁ AUN ADESTRAMENTO DA SELECCION GALEGA DA S?A CATEGORIA

Dias pasados recibiu a convocatoria da selección galega alevín feminina, para realizar unha sesión de adestramentos no polideportivo da Ensinanza, o vindeiro Domingo 4 de outubro, ó longo de todo o día. E un paso mais para formar parte da selección galega, logo da boa impresion deixada na concentración de dita selección á que acudiu en Pontevedra a mediados de xullo.

Tamén na mesma situación está José Carlos Garcia, quen acaba de estar recentemente un fin de semana completo en Allariz, lugar da concentración feita a cabo pola selección galega infantil, para a que foi convocado.