BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL

Sabado as 19.30h. xoga en Pontevedra contra Estudiantes Ingasur. Quen perda ten pe e medio na 2ª division zonal.

CADETE MASCULINO

Sabado ás 11.45 h. en Pontecesures, conrtra o Liceo de Vilagarcia. Os nosos cadetes están facendo un bo torneo copeiro, con 4 victorias en outros tantos partidos, e non deberan ter problemas para lograr a 5ª.

INFANTIL MASCULINO

Domingo as 12.30 h. en Pontecesures, contra o Marin B – Peixegalego. Partido clave para os infantis, gañando manteñen o 3º posto e poden seguir permitindose soñar. Partido igualado, contra un equipo co que se levan enfrentado 4 veces dende outubro. Tan só perderon a primeiro vez (en liga na nosa casa), pero os resultados dos 4 partidos din que son equipos moi parellos, pois non houbo moita diferencia no marcador en ningún dos encontros.

INFANTIL FEMENINO

Domingo ás 10 en Pontevedra, contra Arxil B. Dificil papel ante un frouxo Arxil. Estes son os partidos que sinalan o nivel dun equipo na liga.

ALEVIN

Domingo ás 17 h. no municipal de O Grove, contra o Meco B. Os nosos nenos non deberan ter  problemas para acadar a victoria, nesta nova competicion copeira que inician.

ANTIA E SERGIO, XOGADORES DO C. B. RIO ULLA SUBCAMPEONS GALEGOS NO TORNEO DE SELECCIONS ZONAIS

 

Esta pasada fin de semana celebrouse a 2ª xornada do Campionato Galego de Seleccións Zonais, de categoria Alevín (10 – 11 anos). Na seleccion arousana masculina participou o noso xogador Sergio Martinez (11 anos), e na feminina o fixo Antia Sanmarco (10 anos). No caso de Antia poderá repetir selección para o ano se é convocada chegado o momento.

A primeira xornada fora en Carril no mes de decembro, e tanto as nenas coma os nenos acadaran xogar polos primeiros postos. As nenas gañaran o torneo de Carril, e os nenos perderan por 2 na final, contra Ourense.

Esta 2ª xornada celebrada o pasado fin de semana en Sarria (Lugo) serviu para dirimir eses 4 primeiros postos deste torneo galego de seleccións zonais.

Asi os nenos derrotaron primeiramente a Lugo (67 – 61), para na semifinal gañar a Ourense 51 a 46. Perderon con Coruña 30 a 75.

As nenas pola sua banda gañaron a Lugo 83 – 33, para na semifinal gañar a Ourense 71 a 61. Foron superadas por Vigo por un 77 a 26.

Hai que decir que caeron nas suas respectivas finais ante 2 “superequipos”, logo de ver a Coruña en nenos, e a Vigo en nenas. O éxito foi chegar, con 2 seleccións feitas dende outubro a disputar estas finais, que avalaron o traballo feito polos seus seleccionadores.

En ambos casos os xogadores deste club participaron activamente nestes partidos. Noraboa.

La II Andaina do Sar recorrerá 50 kilómetros de tres municipios.

La Asociación Remonte y los concellos de Padrón, Dodro y Rois celebran el 4 de abril la II Andain Bisbarra do Sar, prueba incluída en la Copa Gallega de Andainas. Los participantes, que podrían superar los 200, tendrán que cubrir un total de 50 kilómetros en menos de 12 horas. Se trata de una prueba de dureza media alta ya que más de 40 kilómetros discurren por montes y habrá desniveles de 2.000 metros.

DIARIO DE AROUSA, 05/03/09

O sábado 7 de marzo, VII Carreira Popular de Padrón.

Na fotografía Julián Bernal, que recentemente pulverizou o récord do mundo de 3.000 metros para maiores de 90 anos. Estará presente en Padrón o sábado, segundo anuncia o MARCA no día de hoxe.

A carreira organizada, pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón, sairá ás 16:00 horas do Paseo do Espolón cun percorrido duns 10,5 quilómetros.

Información: Departamento de Deportes (Centro Social de Padrón). 981 811329 e 696 567317
www.concellodepadron.es

INSCRICI?N: www.championchipnorte.com (Prazo: ata o 05/03/09; 12 horas)

O Cafetería Sol y Mar cede o seu terceiro empate da tempada ante o Trans. Veiga.

Sen novidades á fronte da liga de Futbito Veterán de Valga. O Cafetería Sol y Mar segue sen atopar un rival quen de superalo despois de quince xornadas de campionato. Mais o Trans. Veiga/Bar O Belén pode sentirse satisfeito, logo de arrincarlle ao líder invicto o seu terceiro empate no que vai de tempada. O resultado, 1-1.
Pola súa banda, o A Palmeira aproveitou a segunda e derradeira xornada de descanso do A Cacharela/Karymo para situarse na segunda praza da clasificación, mercede á súa goleada sobre o colista, o Extrugasa, 0-6. O resto da xornada ofreceu os seguintes marcadores: Bar Muelle 1-2 A Redonda; Benjamín Ramos 1-0 Desigual; Valdeza/Bar Juan 2-0 Elite Electricidad; e A Casa Vella 1-2 Joyería Riveiro.
Deste xeito, a clasificación provisional queda da seguinte maneira: 1º Cafetería Sol y Mar (36 puntos); 2º A Palmeira (31); 3º A Cacharela/Karymo (30 e un partido menos); 4º A Redonda (28); 5º Benjamín Ramos (28); 6º Desigual (19); 7º Valdeza/Bar Juan (18); 8º Trans. Veiga (14); 9º A Casa Vella (11 puntos e un encontro menos); 10º Elite Electricidad (10), 11º Bar Muelle (10); 12º Joyería Riveiro (9); e 13º Extrugasa (9).
A xornada deste domingo inclúe os partidos Desigual-Cafetería Sol y Mar; A Palmeira-A Casa Vella; e A Cacharela-Valdeza.

LA VOZ DE GALICIA, 25/02/09

CONTROL GALEGO DE FONDO

[photopress:DSC_0578_1.jpg,full,centered]

Hoxe disputouse a primeira competición da tempada, no embalse de Castrelo de Miño, o Control Galego de fondo, como xa é habitual no calendario galego, na distancia de 5.000 metros.
Os resultados dos palistas do Náutico foron os seguintes:

* Iván Figueira: C1 senior: 32º posto.
* André Oliveira: C1 senior: 22º posto.
* Adrián Vicente: C1 xuvenil: 10º posto.
* Iván Pesado: C1 xuvenil: 15º posto.
* Álvaro Loureiro: C1 xuvenil: 4º posto.
* Marcos Cascallar: K1 cadete: 26º posto.
* Borja Grela: C1 cadete: retirado.

A próxima competición será dentro de quince días, ca disputa do Campionato Galego na mesma distancia.