O EXTRUGASA RIO ULLA SENIOR NON SABE SE EST? CLASIFICADO PARA A FINAL A 4.

Por increible que parezca esta é a sorprendente situación: Tal e coma se preveia o 4º clasifiacdo da liga ia sair do resultado entre o partido que se ia disputar este pasado domingo 15 entre Cuntis e o Arxil (1º da liga). O partido era na casa do Cuntis, e se gañaban os locais pasaban de 4º, e o Extrugasa éramos 5º; pero se perdía pasabamos nós ó 4º posto e nos clasificabamos para a “final four” ( ou final a catro). Polo que sabemos a día de hoxe, logo dos 40 minutos de partido o marcador finalizou empatado, polo que houbo que disputar unha prorroga. A falta de pouco mais de 1 minuto para finalizar a mesma, e gañando os de Pontevedra por 5 ou 6 puntos d ediferencia, nun rebote houbo un codazo e un xogador acabou polo chan. Coma o partido estaba sendo moi quente, o árbitro principal tomou a determinación de non continuar co mesmo.

Ademais, os locais de Cuntis reclamaron que, ó finalizar os 40 minutos de partido, o marcador figuraba cun empate, cando según a súa versión eran eles os que ian gañando por 1 punto, que non subiu ó marcador.

Todo esto deberá ser analizado polo Comité de Competición da Federación Galega, quen pode aportar distintas decisións:

– Aceptar a reclamación do Cuntis e anular a prorroga.

– Mandar continuar o partido onde quedou suspendedo, téndose que xogar ese minuto.

– Ou dar por gañador ó equipo que ia gañando nese momento .

Según a que acorde, pasará Cuntis, ou nós, ou teremos que esperar a que se xogue ese minuto de partido, para o cal incluso peligra nesta fin de semana a propia “final a catro”.

Mal fin para unha temporada con moitos incidentes (falta de árbitros sobre todo).

SORTEO D?AS ENTRADAS PARA G.P. F1 DE MONTMEL?

p(centrado). [photopress:Goodwood2005_018.jpg,full,center]

Os locais membros da ASOCIACI?N HOSTELERÍA DE PONTECESURES, repartirán rifas a partires deste fin de semán, e ata o vindeiro día 28, para o sorteo de dúas entradas pra presenciar o gran premio de FORMULA 1 de Cataluña celebrado no circuito de Montmeló.

As invitacións, gracias ó patrocinio do EQUIPO RED BULL, sortearanse na carpa da festa “Feira de Abril” o vindeiro 28, sendo necesario estar presente no momento do sorteo.

Poderás conseguir as túas rifas gratuitamente ca túa consumición no, Taboga, La Sal, A Cova, Tentación de BES, Baila Conmigo, Café-Bar Victor García, Txukurú, La Noche,Tribal e Kompló.

BALONCESTO: MA?Á XOVES O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA VAI XOGAR NO CÁRCERE DE A LAMA

p(centrado). basket1.jpg

Este Xoves Santo ás 5 da tarde, aproveitando as vacacións, o Extrugasa Rio Ulla vai xogar un dos 2 partidos que ten pendentes, para o que se trasladará ó cárcere de A Lama para disputar ese encontro frente ó quipo dos internos desa prisión.

Esta é unha experiencia novedosa, pois inda que no mundo do futbol xa levan xogando internos na liga de veteranos da provincia uns cuantos anos, e ante a boa experiencia que lle supón ós presos, esta pasadatemporada decidiron federar un rquipo na liga de baloncesto. Xogan sempre no cárcere, e fanse cargo das arbitraxes. O seu equipo está formado por unha autentica ONU: lituanos, iugoslavos, americanos, hispañoamericanos e árabes, ademais de españois, conforman as distintas nacionalidades deses reclusos.

As opcións de clasificarse para disputar a “final a 4” da fin de semana do 21 e 22 de abril pasan por gañar eses 2 partidos que lle quedan e que o Cuntis perda nalgún dos partidos que tamén ten que disputar, polo que o Extrugasa a dia de hoxe non depende de si mesmo.

O PONTECESURES C. F. DE FUTBOL SÁ LOGRA A 1ª VICTORIA DA LIGA

Cando só quedaban 3 partidos de liga, e a pesares de contar con numerosas baixas, o que fixo que só acudisen 6 xogadores a disputar o encontro ( o porteiro e 5 xogadores de campo) , o Pontecesures C. F. impúsoxe este pasado sábado polo resultado de 1 a 3 ó Paderna na súa cancha. En palabras do adestrador “Pichi” o equipo merecía un triunfo antes de que rematase a liga, polo traballo e adicación destes meses pasados. Tamén destacou que os bocatas tomados nos Caneiros sabian a gloria…

100_5369-web.JPG

Hoxe luns o equipo xoga en Noia ás 21.30 h. o penultimo partido da liga, que fora aprazado no seu día. O equipo segue a contar con baixas por lesións, pero vai xogar co obxetivo logrado de acadar algún triunfo…

HORARIOS DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA

Sábado 31 de Marzo:

Infantil Masculino: As 11.45 h. en Pontecesures:

Extrugasa Rio Ulla – Xuven Cambados

Xunior Masculino: As 17 h. en Pontecesures:

Extrugasa Rio Ulla – Liceo de Vilagarcia “A”

Senior: As 19.30 h. en Pontecesures:

Extrugasa Rio Ulla – C. B. Cuntis

O encontro dos Senior é de vital importancia para clasificarse para disputar a fase final de ascenso.