Horarios dos partidos do C. B. Río Ulla o sabado 13 de Xaneiro

p(centrado). basket1.jpg

Logo do parón polas Festas do Nadal, este son os horaios dos distintos equipos do club, para esta vindeira fin de semana:

p(leyenda). Senior

p(sangrado). Pabellón de Pontecesures. Xogan contra A Estrada o Sábado as 19.30 h

p(leyenda). Cadete femenino

p(sangrado). Pabellón de Pontecesures. Sábado ás 10.30h. Xogan contra cambados.

p(leyenda). Alevíns

p(sangrado). Xogan en Pontcesures o sábado ás 12.30 h. contra o Grove “B”.

p(leyenda). Xuvenil Masculino

p(sangrado). Xogan en Vilagarcía o sábado as 16.30h. contra o Liceo Casino.

O EXTRUGASA RIO ULLA DESPIDE O ANO CUNHA VICTORIA

O equipo senior do Extrugasa Rio Ulla xogou hoxe, sábado 30, un encontro que tiña aprazado en A Lama, cerca de Pontevedra. Foi un partido marcado pola igualdade nos primeiros 20 minutos, pois ambos equipos se alternaban no marcador (12 – 10 para os locais ó final do 1º cuarto, e empates a 27 no descanso), pero que no 3º cuarto cambiou ó coller o Extrugasa unha primeira diferencia de 8 puntos (min 27: 35 – 43) gracias ´a velocidade de Roberto “Felino”. Nos últimos minutos do cuarto e ó primcipio do ultimos reacconaron os locais poñéndose a 2 (min 32: 42 – 44), pero de novo Felipe (mellor xogador do equipo neste encontro con 20 puntos), mais 5 puntos de Pedro e 7 de Pepi (o seu mellor partido no que levamos de temporada con 15 puntos), nos ultimos minutos puxeron o definitivo 51 – 60.

O Extrugasa finalizou a primeira volta de 4º, lamentando ter perdidos 2 encontros na casa de pouca diferencia (contra Portas por 3, e con Pub A Leria de 4) que os hebría posto mais perto da cabeza da liga. A clasificación, á falta de disputarse 3 partidos aprazados entre outros equipos é a seguinte:

1º.- PUB A LERIA de CAMBADOS: 9 partidos — 8 gañados – 1 perdido — 17 puntos

2º.- ARXIL de PONTEVEDRA: 8 partidos — 7 xogados — 1 perdido — 15 puntos

3º.- EL DOCE POMARCO de PORTAS: 9 partidos — 6 gañados — 3 perdidos — 15 pts.

4º.- EXTRUGASA RIO ULLA: 9 partidos — 4 gañados — 5 perdidos — 13 puntos

5º.- LICEO CASINO de PONTEVEDRA: 8 partidos — 5 gañados — 3 perdidos — 13 puntos

6º.- BASKETDEZA de LALÍN: 9 partidos — 4 gaññados — 5 perdidos — 13 puntos

7º.- PUB FARO de A ESTRADA: 9 xogados — 3 gañados — 6 perdidos — 12 puntos

8º.- CAFETERIA DON MANUEL de CUNTIS: 7 partidos – 2 gañados – 5 perdidos – 9 pts.

9º.- A LAMA: 8 partidos — 2 gañados — 6 perdidos — 10 puntos

10º.- BALONCESTO PORTONOVO: 8 partidos — 1 gañado — 7 perdidos — 9 puntos.

Dende o club queremos desexar un Feliz 2007 ós nosos xogadores/as, e a todos os aficionados en xeral, e que o vindeiro ano veña cargado de éxitos deportivos, tanto para o noso club, coma para os demais de Pontecesures.

O PONTECESURES C. F. ORGANIZA UN TORNEO DE NADAL PARA OS SEUS EQUIPOS DE BASE

Este vindeiro xoves 28 de decembro (dis dos Santos Inocentes, ¿casualidade Pichi? ) O Pontecesures C. F. organiza un torneo de futbol sa polo Nadal, durante toda a tarde. Empezan arredor das 4 da tarde a xogar os cadetes (14 e 15 anos). Logo sobre as 5 os infantís (13 e 12 anos). As 6 os alevíns (11 e 10 anos), ás 7 os benxamins (9 e 8 anos) e pecharán os mais pequenos este torneo, os prebenxamíns (7 e 6 anos). Os rivais son equipos do Cordeiro C. F. se non hai novidade de última hora, e todos os participantes terán unha mais que merecida merenda, así como trofeos de recordo, nun torneo no que colabora o Concello de Pontecesures.
Esperase gran afluencia de público, invitando dende aqui a quen queira subir ó pabillónnon se corte, pois a entrada é gratuita.

PAPA NOEL ADIANTOU A SUA CHEGADA E O PONTECESURES C.F. CONSEGUIU O PRIMEIRO PUNTO DA TEMPORADA

Este podería ser un titular-resumo do encontro: que gracias á sorte en forma de regalo de “Papa Noel” o equipo de futbol sá conseguiu empatar a 5, gracias a un postreiro gol do debutante Dani “Cachopo”.

Pero se este fose o único resumo estaríamos sendo inxustos, pois o Pontecesures C. F. encontrou no seu rival, o Concello de Paderne, un equipo que en nada lle envidiaba. Ademais, as gañas de puntuar polos cesureños traduxéronse en que non perderon a FE, e nunca “arroxaron a toalla” . Así o marcador ó descanso era de 1 a 3 para os visitantes, pero os goles de Marcos “Pichi”, (quen está rentabilizando CON GOLES o seu dobre posto de xogador e entrenador), e do xoven Dani serviron para que, nunha 2ª parte de infarto o equipo acadase, POR FIN E NON SEN MERECEMENTO a seu primeiro punto. Teñen inda mese de competicion para mellorar, tanto en xogo coma na clasificación, pero polo menos alguén xa non gañou contra o Pontecesures C.F.

¡ Enhoraboa os xogadores, entrenadores e directiva, así como ó publico que, a pesar do frio que facía no polideportivo animou ó noso equipo, e que no 2007 acadedes moitas mais victorias !

O cesureño Alejandro Pesado Fernández gaña a VII edición da Carreira Popular de Pontecesures.

Nunha tarde soleada pero fría, uns 200 corredores de tódalas idades participaron na carreira popular de Pontecesures. A carreira absoluta foi gañada por Alejandro Pesado Fernández cun tempo de 13′ 20″. Segundo foi Francisco Vázquez Alvarez cun tempo de 13′ 47″ e terceiro Ricardo Silva con 13′ 53″.
En categoría feminina a proba absoluta foi gañada por Mónica Pinto. Segunda foi Xiana Carbia Oubiña e terceira Mª José Triñanes.
Os corredores máis veteranos foron Elvira Tresguerras González de 54 anos e Xosé Neira Hermida de 74.
Outros premiados foron:
Pitufos de 0 a 4 anos: 1º Marcos Iglesias Rodríguez, 2º Marcos Castro Bello, 3º Rodrigo Fernández Garabán.
Pitufas de 0 a 4 anos: 1ª Sara Moure Cruces, 2ª Sabela Rey, 3ª Irene Alonso Pérez.
Homes de 5 a 8 anos: 1º Alejandro Mosquera Lestido, 2º Iván Fernández Iglesias, 3º Iván Castiñeiras Piñeiro.
Mulleres de 5 a 8 anos: 1ª Antía Sanmarco Martínez, 2ª Andrea González García, 3ª Marta García Trelles.
Homes de 9 a 12 anos: 1º Alvaro Veiga Vázquez, 2º Marcos Cascallar, 3º Fabio Rarís Blanco.
Mulleres de 9 a 12 anos: 1ª Sabela Caldelas Sanmarco, 2ª Eva Gerpe Limeres, 3ª Raquel Lafuente Angueira.
Homes de 13 e 14 anos: 1º Xabier Crego, 2º Martín Lestido Rey, 3º Erik Penedo Jamardo.
Mulleres de 13 e 14 anos: 1ª Beatriz Míguez, 2ª Sara Fernández Fuentes, 3ª Eva Limeres Ribeiro.
Homes 15 a 17 anos: 1º Rubén Oubiña, 2º Marcelo Costa, 3º Edgar Piñeiro.
Mulleres de 15 a 17 anos: Primeira e segunda xa foron premiadas na xeral. 3ª Karen Calvo Otero.
Homes de 18 a 35 anos: Os tres primeiros encabezaron a proba xeral.
Mulleres de 18 a 35 anos: 1ª Serafina Pereiro Giráldez, 2ª Patricia Silva Fajardo, 3ª Mª Elena Gens Otero.
Homes de 36 a 50 anos: 1º Eduardo Alvarez Morais, 2º Paolo Moinelo Pereira, 1º Paco Jamardo Santos.
Mulleres de 36 a 50 anos: 1ª Premiada na xeral, 2ª Lourdes Prieto Vieites, 3ª Maite Silva Fajardo.
Homes de máis de 50 anos: 1º Matías Regueira Bóo, 2º Sergio Rodríguez Rodríguez, 3º Manuel Monteagudo Caamaño.

Collín os datos á carreira e pode haber algún erro. Disculpade.

Luis Angel Sabariz Rolán

Mañá día 23 de decembro, VII Carreira Popular de Pontecesures.

Organizada polo concello e coa colaboración da Deputación de Pontevedra celébrase a carreira de referencia con saída e meta na Plazuela de Pontecesures.
As 16,30 horas saíra a carreira dos participantes de 5 a 8 anos cun percorrido de 400 metros.
As 16,45 horas sairá a dos participantes de 9 a 12 anos cun percorrido de 600 metros.
As 17,00 horas sairá a dos participantes de 13 e 14 anos cun percorrido de 1.200 metros.
As 17,20 horas sairá a carreira senior onde haberá catro categorias (de 15 a 17 anos; de 18 a 35; de 36 a 50; e de máis de 50 anos). O percorrido será de 5.000 metros.
As 18,15 horas sairá a carreira dos pitufos de o a 4 anos cun percorrido de 100 metros.

A inscrición previa na Casa do Concello será chamando aos teléfonos 986-564410 e 986-564403 e 986-557125 ou enviando un fax ao 986-557554.
Tamén pódense inscribir os participantes o mesmo día 23 dende as 15,30 ata as 16,30 horas no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián 4).

Haberá camisetas para os 200 primeiros inscritos e trofeos para os tres primeiros da carreira senior (homes e mulleres). Tamén haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (homes e mulleres) e un trofeo especial para o/a participante máis veterano/a

?ltimo partido do ano do Pontecesures C.F.

Estimados amigos/as:

Quero facer un comunicado sobre o noso equipo de futbol sala de pontecesures.

Este sabado na nosa localidade o noso equipo de futbol sala vai xogar o seu ultimo partido de este ano tan irregular por no decir malo (pero antetodo con moito respecto e aprecio a eses xovenes que estan facendo o posible x gañar).

QUERO E DESEXO QUE AXENTE DO NOSO POBO ASISTA A ESTE CITADO ENCONTRO QUE SE DISPUTARA AS 19:30 NO PABILLON DEPORTIDO DE PONTECESURES.

(CHAMADO DESDE O DIA 23/12/06 A BOMBONERA X QUE SEI QUE NON VAN GA?ARNOS NI _) ANIMO RAPACES QUE VADES GA?AR MOITOS PARTIDOS.

FIRMA O TIK-TAK

Horarios dos partidos do Club Baloncesto Río Ulla

p(centrado). basket1.jpg

p(leyenda). Infantil Masculino

p(sangrado). Sabado Ás 5 Contra Marin Peixe Galego

p(leyenda). Senior Zonal

p(sangrado). Sábado ás 19.15 H. Contra Basket Deza-Lalín

p(leyenda). Xunior Masculino

p(sangrado). Domingo As 17.30 H. Contra Portonovo.

p(leyenda). Benxamíns

p(sangrado). Xogan a 1ª Xornada Do Seu Campeonato O Domingo a Partir Das 17 H. En Cambados.

Este ano o Río Ulla vai participar cun equipo de nenos/as de 6 a 9 anos nesta categoría , que se xoga 1 vez ó mes por concentración de varios equipos nun pabellón no domingo á tarde, ata un total de 6 concentracións dende agora ata maio.