Control galego de Inverno 2006. Castrelo de Miño

Este domingo 26 de febreiro comezaron oficialmente as competicións para o Náutico Pontecesures ca disputa do Control Galego de Inverno. Esta primeira competición do ano celebrouse na localidade de Ribadavia para as categorías cadete, júnior e sénior. Asistiron a competición cinco palistas, tres dos cales pertencen a categoría cadete e dous a júnior, todos eles na modalidade de canoa. Os resultados máis destacables foron o 2º posto acadado por André Oliveira e o 6º posto acadado por Adrián Vicente en C-1 cadete na distancia de 5.000 metros. Esta medalla significa a primeira medalla na nova era do Náutico dentro das competicións denominadas de pista. Asemesmo os outros participantes tamén fixeron unha boa actuación.

* André Oliveira: 2º posto cadete
* Adrián Vicente: 6º posto cadete
* Cristián Barreiro: 19º posto cadete
* Marcos Pesado: 14º posto junior
* Carlos Castro: 18º posto junior
* Clasificación por clubes: 14º posto

Este vindeiro domingo 5 de marzo no mesmo lugar celebrarase o Campionato Galego de Inverno donde participarán ademais dos citados palistas Lorenzo Riveiro que causou baixa no Control. As maiores esperanzas irán albergadas en André para que poida repetir a actuación pasada e conseguir algún metal no Galego.

*JAVIER BOUZAS. Adestrador do Náutico Pontecesures*

 

Comeza a tempada 2006 para o Náutico Pontecesures

“Este mes de Febreiro dáse o pistoletazo de saída o calendario de competicións para o club náutico nas categorías cadete, júnior e senior na modalidade de K-1 e C-1. Estas tres primeiras citas importantes vanse disputar no embalse de Castrelo de Miño na localidade ourensán de Ribadavia.
A primeira delas será o Control Galego de Inverno a disputar o día 19 de febreiro. A segunda cita será o Campionato Galego de Inverno o día 5 de marzo e por último e como escalafón final da tempada invernal disputarase o XXXVII Campionato de España de Inverno os días 18 e 19 de marzo. Estas tres regatas serán puntuables para a Copa Xunta de Galicia así como para a V Liga Nacional Hernando Calleja.
 

Asimesmo outra vez máis e gracias as xestións levadas a cabo pola xunta directiva encabezada por Ángel Barreiro Barreiro o club logrou a adquisición dunha zodiac con remolque para o seguimento diario dos adestramentos cos deportistas. A adquisición desta embarcación está mellorando a calidade dos adestramentos o igual ca seguridade dos cativos.”

Javier Bouzas Castaño

Adestrador do Náutico de Pontecesures

 

 

Club Náutico de Pontecesures

As extraordinarias condicións físicas para a práctica do remo e o piragüismo que nos ofrece o río Ulla levaron a conformar equipos que acadaron resultados destacados ó longo de varios anos, conseguindo un total de 23 medallas nos campionatos de España.

Unhas das máis importantes foron as de:

  • Ano 1.990, especialidade de remo, modalidade “catro scull” medalla de ouro.
  • Ano 1.998, en piragüismo, modalidade C2, tamén medalla de ouro, a cargo de Juan Jesús Piñeiro.
  • Ano 2004, en piragüismo, modalidade C2, tamén medalla de ouro no campionato de España, a cargo de Marcos Barreiro. Campión do Descenso do Sella en C2 e do Príncipe de Asturias en C4.

Na actualidade o clube estase a rexubenezer, ten unha nova directiva e conta con numerosos rapazes que loitan por facer do clube un dos grandes.