Mañá sábado ás 15:00 o Alcalde de Pontecesures dará a saída dende o peirao cesureño da travesía de traíñas co Clube de Remo Rianxo.Animamos á veciñanza a acompañar aos participantes en esta vistosa proba que xa por segundo ano consecutivo elixiu Pontecesures como porto de saída.
🥇 Celta Baloncesto Femenino 🥈Rosalia Fedesa 🥉 Porriño Baloncesto BASE
Campión, Subcampión e terceiro clasificado de 1 División Infantil Feminina ⛹🏻♀️ respectivamente; teñen xa a súa praza para o Campionato de España da categoría.
A cesureña Sara Liñares, xogadora do Instituto Rosalía Fedesa de Santiago de Compostela, disputará este Campionato de España Infantil Femenino que se celebrará en Marín do 12 ao 18 de xuño tras acabar o subcampionato de Galicia.
Durante todo el fin de semana tuvo lugar en el Río Lérez a su paso por Pontevedra el XXV Campeonato de España de Maratón en el que participaron más de 650 deportistas pertenecientes a 88 equipos. Paralelamente a esta competición se disputaba el campeonato gallego de la modalidad.
La clasificación general por equipos terminó con el Club Náutico Pontecesures en segundo lugar con 329 puntos, por detrás del Club Escuela de Piragüismo Aranjuez que sumó 420 puntos, el tercer puesto se lo llevaba el E.P. Ciudad de Pontevedra con 256 puntos, el cuarto lugar sería para el Club As Torres con 234 puntos, mientras que el Piragüismo Verducido con 168 puntos ocupaban la octava posición con 168 puntos.
Los tres primeros equipos en el campeonato de España Master serían para el Fluvial de Lugo, Breogán de O Grove y Escuela Ourensana de Piragüismo.
El campeonato tocaba su fin con las regatas de embarcaciones dobles disputadas esta mañana en las que todavía quedaban plazas en juego para el campeonato europeo de Moscú.
La dupla del Breogán de O Grove formada por Tono Campos y Diego Romero se hizo con la victoria, al imponerse al sprint al C2 de Oscar Graña y José Manuel Sánchez del Kayak Tudense, el tercer puesto sería para la pareja del Club As Torres de Fernando Busto y Diego Miguéns. Con este resultado Tono Campos materializa un fin de semana perfecto al conseguir tres victorias en los distintos selectivos.
En la carrera de K2 femenino la piragua de Tania Fernández y Tania Álvarez se llevó la victoria tras realizar un tiempo de 1:49:06.58. La segunda posición sería para Irati Osa y Arantza Toledo, mientras que el tercer puesto se lo llevaban las palistas zamoranas Eva Barrios y Laura Pedruelo.
El tándem del Fluvial O Barco formado por Miguel Fernández y José Julián Becerro se tuvo que conformar con la segunda posición final, después de sufrir un vuelco en el último porteo que le privó de luchar por el triunfo con los asturianos Miguel LLoréns y Alberto Plaza. El tercer lugar del podio lo ocupaban Iván Alonso y Jaime Sobrado del Piragüismo Olívico.
En categoría juvenil los representantes gallegos consiguieron importantes resultados como el primer puesto de Lua Cubiella y Sara Durán. En la misma regata Sandra Leira y Marta Mourelos fueron segundas. El C2 del Náutico Pontecesures de Borja Castiñeiras y Carlos Gutier logró el segundo puesto.
Las últimas medallas del día serían para la categoría mixta donde Roberto Rodríguez y Ana Varela del Kayak Tudense consiguieron la medalla de plata. El mismo resultado conseguían los palistas del Club As Torres Inés Vázquez y Diego Santamaría.
Duas deportistas do Club Náutico Pontecesures no mais alto do piragüismo nacional. Natalia Varela Cepeda, campiona; Nerea Novo Romero, subacampiona no Campionato de España que ven de celebrarse este fin de seman no Lago de Banyoles (Girona). Grandísimas deportistas con excelentes resultados. O Club Náutico Pontecesures segue a apostar polo traballo dende as categorias base e os resultados falan por si solos. Noraboa as estas campionas e ao resto do equipo polos grandes resultados. Parabéns tamén para todos os deportistas, adestradores, directivos e patrocinadores e a todos os pais e nais e seguidores do traballo do clube. Dende o Club Náutico Pontecesures seguiremos loitando cada día pola saúde e os valores que aporta o deporte á nosa mocidade.
O río Guadalquivir recupera esta fin de semana a actividade estatal de piragüismo. Tras un 2020 en branco pola pandemia de covid-19, cos padexeiros galegos podendo competir no calendario reducido que si programou a Federación Galega, o Campeonato de España de Invierno vive en Sevilla a súa atípica quinquaxésima primeira edición. A que tivo que ser suspendida doce meses atrás coincidindo co inicio do primeiro estado de alarma e o confinamento domiciliario decretado polo goberno de Pedro Sánchez.
Agora, cun estrito protocolo anti covid-19 e sen acceso máis cos deportistas, técnicos e árbitros, a primeira cita estatal en ano e medio contará coa participación de 792 padexeiros de 113 clubs. Deles, 243 e 30 galegos, respectivamente. E destes, un de cada cinco piragüistas desprazados desde a banda sur da ría de Arousa.
En total, son 47 os padexeiros que defenderán as cores das Torres-Romaría Vikinga de Catoira (13 canoístas e kayakistas), do Breogán do Grove (12), do Náutico Pontecesures (11), do Piragüismo Illa de Arousa (6) e do Náutico O Muíño de Ribadumia (5). Todos eles partiron entre onte e hoxe cara Sevilla, onde mañá pola mañá arrincará o Campionato de España de Inverno.
Ante o notable incremento de casos COVID rexistrados nos últimos días no concello e tendo en conta as novas restricións impostas polas autoridades sanitarias na nosa zona, o Concello de Pontecesures, logo de ter coñecemento da intención de suspender temporalmente a actividade que realizan algúns clubs deportivos e asociación culturais, e constatar que otras entidades asociativas locais xa non estaban realizando os seus adestramentos/ensaios/actividades, solicitou no día de onte facer extensivo este cese temporal ao resto de clubs e/ou asociacións deportivas e culturais locais que continúan a desenvolver a súa actividade a fin de minimizar os desprazamentos e de evitar os contactos fóra do estrictamente necesario ao máximo, atopámonos cunha pronta resposta positiva na case totalidade destas entidades locais. A pesares de ter constancia de que o risco de contaxio é baixo, xa que tanto clubs como asociacións deportivas e culturais están a seguir os protocolos establecidos para a realización das súas actividades de xeito rigoroso, o Concello de Pontecesures considera esta medida moi positiva e aplaude a responsabilidade e compromiso que están a amosar estes colectivos para, entre todos, contribuir a frear a expansión do virus e salvagardar a saúde de toda a veciñanza. Asimesmo, agardamos que o resto do tecido asociativo e deportivo municipal se una á loita.
El Complejo Deportivo David Cal situado en el embalse de Verducido (Pontevedra) acogió el Campeonato Gallego Sprint Sénior y Juvenil sobre las distancias de 1000, 500 y 200 metros en las modalidades de K1, K2 y K4 con triunfo para el Kayak Tudense en hombres con 563 puntos. Por detrás se subían al podio el Club Fluvial de Lugo (265 puntos) y el Breogán de O Grove (262).
Por lo que respecta a la categoría femenina, la victoria final fue para el Club Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra con 421 puntos, mientras que fue segundo el Kayak Tudense (377) y terceri el Club As Torres Romería Vikinga (266).
En la jornada del sábado se disputaron las pruebas de la categoría juvenil, donde el CEP Ciudad de Pontevedra fue el mejor en las dos categorías masculina y femenina. Segundo en hombres fue el Náutico Pontecesures por delante del Fluvial de Lugo, mientras que en mujeres acompañaron al equipo pontevedrés el Ría de Betanzos y Náutico Pontecesures.
Destacan las victorias individuales de Roi Rodríguez (Kayak Tudense) en K1 1000 metros, en la misma distancia Adrián Sieiro se llevó el oro en C1. Fue en la prueba de velocidad de 200 metros en la que el campeón olímpico Carlos Pérez Perucho (Ría de Aldán) ganaba con autoridad en K1, demostrando que todavía le quedan fuerzas para seguir peleando con los mejores. Sieiro volvía a ganar en la distancia corta y Antía Jácome (E.P. Ciudad e Pontevedra) y Sara Ouzande Tudense) hacían lo propio en C1 y K1.
Fruqui é o fío condutor dunha desas entidades deportivas felices con formar os rapaces do seu pobo.
«Estou adestrando nenos de pais que xa adestrara sendo chavais». José Rodríguez Fructuoso, Fruqui, cumpría hai un mes onte os 51. Unha idade na que a maioría dos integrantes dos corpos técnicos e directivos dun club de baloncesto celebran quizais a súa primeira década de rodaxe. Fruqui vai a medio cabalo entre a terceira e a cuarta. Convertido na personificación do deporte da canastra na súa localidade, Pontecesures, participando en todas e cada unha das versións e etapas dun club enraizado nos anos 80 que nunca, nunca, perdeu a súa esencia e o seu santo e sinal: servir de casa común ás sucesivas xeracións de novos rapaces da vila na que se educar a través do deporte.
Despois de dous anos xogando no C.B. Padrón, un grupo de adolescentes de Pontecesures enganchados ao baloncesto no colexio do seu municipio buscáronse a vida tras a desaparición do club da outra beira do Ulla. Coa axuda de dous profesores do seu antigo centro escolar e da muller do director da oficinal local de Caixanova, que posuía o título de adestradora. Así nacía en 1985 o C.B. Cesures, cun equipo xuvenil. Esa mesma tempada, Fruqui animouse a botarlles unha man a quenes eran os seus compañeiros de quinta escolar. «Entrei de utillero», conta, ocupándose desde o marcador ata labores de vasoira. Coma hoxe, xogaban no pavillón do colexio de Pontecesures, só que daquela ao aire libre e «os equipos cambiábanse nos vestiarios do colexio».
Fruqui, que con anterioridade probara a facer piragüismo e fútbol, acabou no segundo ano enrolado nas filas de xogadores do novo equipo. Pero só «xoguei 2 tempadas», di. ¿De que? « De nada», contesta con humor. «Nunca xogara». Digamos que foi aleiro.
Por aí semella vir a súa predisposición para asumir o marrón que se lles presentou aos pioneiros do baloncesto cesureño cando na segunda tempada do club os tres adultos que respaldaran o proxecto tiveron que abandonalo por traballo. «Eramos rapaces que acababamos de facer os 18 anos. E uns cantos decidimos coller a directiva. Era iso, ou o club desaparecía», conta Fruqui, tesoureiro naquel curso 1987/88 no que tamén foi xogador e mais adestrador. Ao ano seguinte Miguel Miguéns, que aceptara a responsabilidade da presidencia, tamén se tivo que apartar, por estudos, coincidindo coa marcha de boa parte do grupo fundacional. A resposta do noso rostro do deporte foi coller a presidencia, e tirar adiante ao tempo que comezaba a sacarse os títulos oficiais de adestrador, con Pepe Casal e o preparador físico José Andrés, integrantes do corpo técnico do Obradoiro a finais dos 80, como mestres no seu primeiro curso. Gastando 500 pesetas do seu peto de vinteañeiro en fotocopiar unhas fichas de exercicios do OAR que lle prestara un técnico do club ferrolán co que coincidira nunhas xornadas educativas. Era o prólogo a unha nova década, a dos 90, que lle depararía a Fruqui e mais ao baloncesto cesureño unha viaxe en montaña rusa.
Comezaron chegar as alegrías deportivas, clasificando o equipo xuvenil por primeira vez para a Liga Galega, na tempada 1990/91, e medíndose a xente como o no futuro seleccionador español Moncho López, en calidade de adestrador do Narón. En 1991 a estrutura do club traspasouse a Padrón xusto cando comezaba a despegar, cun terceiro equipo de base en capela máis o sénior, polo incumprimento, lembra Fruqui, das promesas de apoio económico do entón alcalde de Pontecesures, José Piñeiro Ares. Un lustro tardou en facer o camiño de volta, co cambio de rexedor animando a un novo grupo de rapaces a recuperar o C.B. Cesures. Fruqui retornou na campaña 1996/97 de Padrón, onde só exercera de adestrador, co seu primeiro ascenso desde Liga Zonal co equipo sénior no peto. Unha efémera experiencia de club mancomunado entre Pontecesures, Caldas e Cuntis (1997/98) e o xurdimento do primeiro equipo cesureño feminino despediron o Século XX, dando entrada a un Século XXI que arrincou coa fusión do C.B. Cesures e o C.B. Concello de Valga no ano 2000.
Con Fruqui ininterrumpidamente desde o final da súa etapa en Padrón en labores de coordinador deportivo e de adestrador en todos estes sucesivos proxectos, o novo club, o C.B. Río Ulla, non deixou de medrar ata tocar teito na campaña 2017/18 cunha ducia de equipos e 124 fichas. Co número de rapazas e de mulleres igualando o de homes no 2010 e superándoo desde mediados da presente década, dándolle a Fruqui unha das súas maiores satisfaccións nestes 35 anos de traxectoria no baloncesto: «Conseguir asentar o equipo sénior feminino durante os cinco últimos anos».
¿Que leva a seguir ao pé da obra a un home que desde a tempada pasada mesmo volveu asumir a responsabilidade dun cargo de directivo -tesoureiro- tras deixar atrás esa ingrata tarefa no 2016? Máis aló de que «me segue a gustar o xogo en si», Fruqui, que dirixe esta tempada un conxunto cadete, confesa que «me gusta ver medrar os rapaces, como xogadores na cancha e como persoas fóra dela». E reconfórtase vendo como, pese a todo, os rapaces e non tan rapaces seguen a sentir o C.B. Río Ulla como a súa casa común, reunindo hoxe oito equipos, incluídos os séniores masculino e feminino, e mantendo 83 das 107 fichas da tempada anterior inda sen un horizonte claro no que se ver competindo outra vez.
FICHA
Persoal
José Rodríguez Fructuoso naceu en Pontecesures o 25 de setembro de 1969. Traballa como técnico de emprego e de desenvolvemento do Concello cesureño.
Traxectoria no deporte
Fruqui leva 35 anos servindo de columna vertebral sobre a que descansaron os diferentes proxectos do baloncesto de Pontecesures.