O CONCELLO DE PONTECESURES SOLICITA Á COLABORACIÓN CIDADÁN PARA A XIX CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.

Con motivo da celebración da XIX edición da Carreira Popular de Pontecesures o vindeiro día 29 de decembro –de 16.15 a 18.30 horas-, o Concello de Pontecesures convida a tódol@s veciñ@s a participar nesta nova edición.

Indicar que como novidade destos 2 últimos anos (2017 e 2018) duplicouse a distancia do percorrido da proba absoluta ate os 9 Km.

Este feito, e a experiencia do pasado ano, fainos pensar que a participación vai a ser importante e superará as de pasadas edicións, ao convertirse nunha proba de certa entidade.

Paralelalemente, co novo trazado, a loxística da proba tamén se complica e fai necesario unha maior presenza de Policía Local, Protección Civil e persoal voluntari@.

É neste último punto onde o concello solicita a colaboración veciñal a nivel loxístico para a realización da proba.

Precisamos voluntari@s tanto para a entrega de dorsais, camisetas etc., como para situarse ó longo do percorrido polo que transcorre a proba a fin de garantir a seguridade e o bo desenrrolo da proba.

Polo tanto, todas as persoas que voluntariamente queiran colaborar na organización da nosa CARREIRA POPULAR poden anotarse nas oficinas do concello de Pontecesures dende o 3 ata o 21 de decembro ou mandar un e-mail cos seus datos (nome e teléfono móbil) a xuventude@pontecesures.org.

Animase a todos os veciños e veciñas a colaborar nesta 19ª edición que esperemos  consolide a nosa carreira nun referente deste tipo de probas a nivel autonómico.

Enlace web da XIX CARREIRA POPULAR.

 

XIX CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.

O Concello de Pontecesures organiza a XIX edición da súa carreira popular o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 hras.

A proba absoluta terá un percorrido de 9.000 metros.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures.

A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

Teléfonos de información xeral da proba:

986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)

Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.

Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).

Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría biberóns onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes).

Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.

Como novidade, este ano haberá premios para os clubes na proba absoluta (9 km):

PREMIOS A CLUBES FEDERADOS

POSTO IMPORTE
1º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 300,00 €
2º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 200,00 €
3º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €

 

A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeirosclasificados do mesmo pola suma dos seus postos na clasificación xeral da proba absoluta. Os clubes federados deberán estar compostos alo menos por 8 compoñentes,  sexan homes ou mulleres, con licencia federativa en vigor que logren cruzar a liña de meta.

A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures  [no día da proba –xoves 27 de decembro de 2017–  de 15.00 a 16.15 horas], a carón da saída das probas.

A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social.

ENLACE DIRECTO PARA INSCRICIÓN.

ENLACE RUTA DA PROBA ABSOLUTA (9KM) NA APP. WIKILOC

 CARTEL XIX CARREIRA POPULAR PONTECESURES.
 REGULAMENTO XIX CARREIRA POPULAR PONTECESURES.
 Trazado proba absoluta 9km (arquivo kmz -google earth-).
 Trazado proba absoluta 9km (arquivo kml -google earth-).