FESTAZAS EN CAMPA?A (VALGA) OS DÍAS 24,25 E 26 DE XULLO.

Cartel de orquestras, que van as festas de Campaña 2011 :
Domingo 24 de xullo, festa na honra da patrona da parroquia Santa Cristina : Grupo MIDAS de Pontecesures e orquestra SUPER COMBO de Ourense
Luns 25 de xullo, festa na honra ó Santísimo Sacramento : Grupo ALKAR de Portonovo e orquestra OLYMPUS de Negreira.
Martes 26 de xullo, festa na honra da Santa Ana : Estarán as formacións pontevedras , orquestra CINEMA e o grupo MASTER BAND.

O goberno local de Pontecesures non acepta as opinións da ACP sobre a Festa do Churro. Nota íntegra.

En resposta á nota do goberno local cualificando de ??emporcallador? a este concelleiro polas críticas sobre a cuarta edición desta festa celebrada o pasado 4 de xullo, quero puntualizar o seguinte:

1. Como integrante da corporación, e como veciño de Pontecesures, son libre de opinar sobre este ou sobre outro tema municipal. Iso é opinar, non ??emporcallar?. Sigo a dicir que festa foi totalmente devaluada, que foi moi negativo o troco de horario nesta edición, que non houbo ambiente festivo ao eliminarse o grupo musical do evento, e que os veciños degustaron os churros sí, pero sen participar en festa algunha.

2. A faciana de moitas das churreiras ás 22 horas indicaba todo. Desmontaban os postos en silencio e con total indiferencia, cando outros anos eran as verdadeiras protagonistas. A ledicia e o ambiente festivo entre os veciños foi nas tres primeiras edicións moi salientable con baile participativo simpático e entrañable na Plazuela.

3. ? certo que houbo unha verbena en sitio distinto nesa noite, totalmente allea á festa do churrro. Pero verbenas hai moitas na zona nesta época, e a Festa do Churrro é única, e debe ser potenciada ao máximo en Pontecesures.

4. Dende o goberno local todo foron pegas, minusvalorando o labor das churrerías en relación do custo da festa. Pois foi máis cara calquera verbena e parece que queremos criticar sempre o noso en lugar de ??facer pobo? con un acto festivo de exaltación dun doce tradicional en Pontecesures. que debe ser de todos e para todos os cesureños.

5. Como ACP pensamos así e solicitamos que se corrixan estes temas para a edición do ano que ven. Esta é a verdadeira intención desta crítica e a función da oposición municipal xa que recollemos o parecer de bastantes veciños que coinciden coas nosas apreciacións.

6. Tamén o goberno local fai a acusación de que quero poñer á hostalería en contra do concello. Pois ben; ata o de agora as opinións se limitaron á recoller o sucedido coa IV Festa do Churro e non se citou aos hostaleiros para nada. En canto aos outros actos festivos do Carme 2011 xa faremos a valoración oportuna e teremos cousas que dicir. Seguro.

Sabariz acusa al goberno de “minusvalorar” la labor de las churreras en la fiesta del día 4.

El concejal de ACP, Luis Sabariz, acusa al actual gobierno tripartito de haber “minusvalorado” la labor de las churreras a la hora de organizar la Festa do Churro, que se celebró en la villa el pasado 4 de julio. El ejecutivo calificó a Sabariz de “emporcallador” por haber criticado la supresión del baile en la Plazuela en esta edición del evento, algo que el edil rechaza por completo recordando que su labor es hacer oposición y, además “como veciño son libre de opinar sobre este ou outro tema municipal””. Insiste en que la fiesta “foi totalmente devaluada” y que no hubo ambiente al eliminarse el grupo musical. Según afirma, “a faciana das churreiras ás 22 horas indicábao todo”, cuando desmontaban sus puestos “en silencio e non total indiferencia, cando outros anos eran as verdadeiras protagonistas”.
El grupo musical en la Plazuela fue sustituído por una verbena en otra zona del pueblo, lo que Sabariz considera un error ya que “verbenas hai moitas nesta época, e a Festa do Churro é única”, por lo que insite en que debería potenciarse. Desde su punto de vista, la acusación del tripartito supuso una “minusvaloración” al trabajo de las churreras “en relación ao custo da festa”. En este sentido, matiza que “máis cara foi calquera verbena e parece que queremos criticar sempre o noso en lugar de facer pobo cun acto festivo de exaltación dun doce tradicional en Pontecesures”. El edil reclama que se corrijan estas cuestiones de cara a futuras ediciones.

DIARIO DE AROUSA, 16/07/11