No día de onte enviouse ao Xefe Territorial de Infraestruturas de Pontevedra o seguinte escrito:
“Sr. D. Fausto Núñez Vilar
Xefe Provincial de Infraestruturas de Pontevedra
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Logo das fortes choivas da pasada noite, a estrada PO-548
Pontecesures-Vilagarcía esta a piques de asolagarse á altura do quilómetro 0,500, marxe esquerdo, no noso termo nunicipal, e case chegando á rotonda da Charca.
Hai uns días solicitouselle a vostede que se procedera á limpieza das cunetas dende o inicio da estrada ata precisamente a rotonda da Charca que foi onde comezou a obra de seguridade na estrada. O traballo non se realizou e isto inflúe na acumulación de augas, que xa están na beiravía.
Ademais, en moitas ocasións comunicouse que unha entrada de finca particular cun tubo de escasa sección por baixo no marxe esquerdo da estrada, ocasionaba acumulacións de augas, indicando que debía construirse nesa entrada unha gabia en aberto cunha plataforma por enriba para que circule o auga por baixo, retirando a tubaría. Tampouco se acometeu o solicitado polo concello.
Por enésima vez, solicítase que se executen os traballos solicitados polo concello. O risco de asolagamento das vivendas do marxe dereito é serio e a imaxe que se está a dar nunha estrada autonómica lamentable.
Resulta incrible, con clara marxinación deste municipio, que sexa executada unha importante obra de seguridade viaria na recta de Campaña, e toda a actuación se realizase no termo veciño de Valga, deixando os nosos 530 metros esquecidos por completo. Quedamos sen beirarrúas no marxe esquerdo nese tramo, con outras intransitables no dereito, con problemas de augas e con maleza e suciedade por todas partes.
Pontecesures, 06/01/11”