Texto da nota enviada ás vivendas de Pontecesures polo BNG local.

O GOBERNO LOCAL REXEITA EN PLENO AS PROPOSTAS REALIZADAS POLO BNG PARA MELLORAR OS SERVIZOS MUNICIPAIS.

Os veciños e veciñas de Pontecesures lamentan a insensibilildade mostrada polo goberno local de Pontecesures ao desprezar, por unha banda, ás persoas maiores e, pola outra, aos cativos e cativas que acoden ao colexio público, ao rexeitar no pleno da corporación municipal municiipal de decembro as propostas apresentadas polo BNG.

O BNG apresentou tres posibles infraestruturas para seren financiadas con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local, que ten previsto dotar ao noso concello con 555.000 euros e que consisten na construción dun comedor escolar dentro do recinto escolar do CPI Pontecesures, na construción dun centro de día e na construción dun paso elevado peonil sobre a N-550 que comunique o camiño de San Xulián coa rúa do Pilar.

(máis…)

Sorteo para substituir unha integrante dunha mesa electoral dos comicios do 1 de marzo.

Como a Xunta Electoral de Zona de Pontevedra admitiu a excusa da suplente 1ª do 1º vogal da Mesa B da Sección 2ª, Angela Monteagudo Bernárdez, mañá venres día 13 de febreiro ás 9:30 horas terá lugar na Casa do Concello un sorteo para a súa substitución. Están convocados a alcaldesa, Maribel Castro, e os voceiros dos grupos políticos, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG) e Rafael Randulfe Vieites (PP) para asistir a dito sorteo. Os non adscritos non teñen representación por non constituir grupo político.

Mitin do PsdeG-PSOE en Pontecesures

Intervirán Mª José Caride (Conselleira de Política Territorial), Carmen Cajide (deputada autonómica e número 8 na lista ao Parlamento galego pola provincia de Pontevedra) e ?scar Gerpe (Secretario Xeral da Agrupación Local de Pontecesures).

Desde a Agrupación Local de Pontecesures do PSdeG-PSOE agradecemos por anticipado a vosa presenza neste acto.

Costas anuncia su disposición a limpiar los fondos del río Ulla en Pontecesures.

La jefatura provincial de Costas, dependiente del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, anuncia su intención de acometer la limpieza de los fondos del río Ulla en el tramo correspondiente al término municipal de Pontecesures.
Lo dice la jefa provincial, Cristina de Paz-Curbera en en respuesta a una demanda planteada desde el Concello de Pontecesures en este sentido.
La responsable de Costas explica que se procederá a la limpieza del río «en cuento este servicio disponga del contrato de conservación y mantenimiento con la empresa Tragsa, el cual se encuentra actualmente vencido».
Pese a que no se dan fechas concretas, la noticia fue recibida con satisfacción en Pontecesures dado que la limpieza de los fondos del Ulla es una vieja aspiración en este concello.

LA VOZ DE GALICIA, 10/02/09