Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Educación

Listaxe de admitidos e lista de agarda da Escola Infantil Municipal para o curso 2026/2027

Por Plumilla ·

Listaxe de alumnado admitido e lista de agarda da Escola Infantil Municipal de Pontecesures, curso 2026/2027

Xa é público o listado definitivo de alumnado admitido e con praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2026/2027, así como a correspondente lista de agarda, unha vez finalizado o proceso de admisión.

O concello informa de que, rematado o proceso, quedan prazas vacantes nalgunhas franxas de idade, mentres que noutras aulas ou grupos non hai prazas dispoñibles.

A lista de agarda utilizarase para cubrir as posibles vacantes que se produzan ao longo do curso, respectando en todo momento a orde correspondente.

Podes consultar a listaxe completa no sitio web do Concello de Pontecesures.

Fonte: Concello de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.