Bando de tráfico polas festas de Pontecesures

Rúas pechadas ao tráfico con prohibición de estacionamento

Domingo, 1 de xullo:
-Rúa San Lois dende Zabala ata a intersección coa Trav. do Muelle e a rua Estación. O peche do tráfico será a partir das 15 horas.
-Rúas Sagasta e Rosalía de Castro, na súa totalidade. O peche de tráfico tamén será ás 15 horas.
Así mesmo, e debido á procesión estarán prohibidos os estacionamentos na Trav. do Muelle e nas rúas Eugenio Escuredo e Víctor García entre ás 17 e ás 21 horas.

Luns, 2 de xullo:
-Rúa San Lois dende Novagalicia Banco ata a intersección con Trav. do Muelle e rúa Estación. O peche do tráfico será a partir das 14 horas.
Rúa San Lázaro na súa totalidade. O peche do tráfico será tamén a partir das 14 horas.

Nota íntegra do PP de Pontecesures sobre a solicitude de datos dos vehículos municipales.

Pontecesures, 26 de xuño de 2012.- O voceiro do PP de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, presentou o pasado 9 de xuño unha instancia no Concello na que solicitaba a documentación acreditativa do cumprimento, por parte dos vehículos municipais cos que conta o Concello, da correspondente ITV e demais documentos acreditativos da vixencia de seguros e permisos de circulación.

Con todo, os populares sinalan, que a pesar de que transcorreron máis de 15 días desde que o Grupo Popular fixo esta solicitude, esta información aínda non foi facilitada polo equipo de Goberno.

O Grupo Popular decidiu solicitar por escrito a exposición de dita documentación ??á vista do estado que presentan algúns destes vehículos e pola actividade á que se destinan, xa que é habitual que se fagan traslados de traballadores municipais, así como aconteceu nos últimos días polos traballadores contratados dentro do plan de emprego da Deputación de Pontevedra?.

Outros vehículos municipais, tamén se usan habitualmente por asociación deportivas do Concello para o traslado dos nenos e adultos a eventos deportivos e competicións previa solicitude por parte dos interesados.

??? lóxico, (afirman os membros do grupo municipal do PP), que nos interesemos polo estado no que se atopan estes vehículos e por comprobar se cumpren estritamente coa lexislación vixente en materia de circulación?.

Os populares inciden, ao igual que xa o fixeron con anterioridade outras forzas políticas, na falta de axilidade do actual equipo de goberno á hora de facilitar aos grupos da oposición a información que se lles solicita. ??Neste caso estamos solicitando unha información que non é complexa nin necesita a elaboración de ningún informe, trátase de documentación de carácter preventivo ou administrativo que debe ser custodiada, comprobada e actualizada periodicamente por parte dos responsables de maquinaria de obras coa única finalidade de cumprir en materia de lexislación de seguridade e circulación, comprobar que os vehículos están dentro dos límites da legalidade?, sinala o voceiro popular.

El PP de Pontecesures pide datos sobre la ITV y seguros de los coches municipales.

El PP de Pontecesures solicitó el pasado 9 de junio en el Concello documentación relativo al cumplimiento de la ITV y vigencia de los seguros y permisos de conducción de los vehículos municipales. Pasados más de 15 días no les facilitó la información, denuncia el portavoz popular, Juan Manuel Vidal Seage. El PP decidió recabar información sobre los vecículos “á vista do estado que presentan algúns e pola actividade á que se detinan”. Los utilizan trabajadores, pero también asociaciones deportivas para el traslado de “nenos e adultos” a competiciones.

DIARIO DE AROUSA, 27/06/12

O Concello de Pontecesures adhirese ao programa de voluntariado dixital da Xunta de Galicia.

O programa de voluntariado dixital suma 67 empresas e institucións.

Un total de 67 empresas, concellos, asociacións e organismos públicos adherironse ao Programa de Voluntariado Dixital promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) E a Consellería de Traballo.

O acto de sinatura, que se levou a cabo o no 26 de xuño, estivo presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. En representación dos asinantes interviñeron Anxo Queiruga, presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade na Comunidade (CERMI Galicia); María Luisa Ansorena, presidenta da Unión Democrática de Pensionistas; Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia; Manuel Ruiz, alcalde Ribeira en representación da FGAMP; e Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente e presidente en funcións do Cluster TIC Galicia. En representación do Concello de Pontecesures acudíu o concelleiro de Servizos Sociais Roque Araujo que asinou a adhesión a este programa.

Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar o acceso ás novas tecnoloxías ás persoas maiores ou con discapacidade mediante o apoio de 191 voluntarios que ofrecen os seus servizos coordinados polo programa.

A iniciativa suma así a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar as accións de alfabetización dixital.