Carta ao Subdelegado do Goberno en Pontevedra.

Sr. Subdelegado do Goberno
Pontevedra

Mediante a presente, comunícolle que estaba interesado. como membro da Corporación de Pontecesures, en acodir hoxe á visita oficial que realizou vostede á Casa do Concello esta mañá, por educación, para escoitar de primeira man os datos sobre a estatística de delitos na zona, e para intervir en aspectos relacionados coa seguridade cidadá.

Porén; non fun convidado polo alcalde presidente do concello, na súa liña de marxinar a algúns dos representantes elixidos polos veciños non últimos comicios locais. ? o costume da nosa máxima autoridade local, e contra iso non hai nada que facer. Non queda outra que informarse do contido da reunión pola prensa.

Polo exposto e ao non podelo facer persoalmente, quero enviarlle un cordial saúdo, e dicirlle que estou a súa disposición para todas as tarefas de colaboración que se precisen.

Pontecesures, 20/06/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Contestación ao goberno local de Pontecesures sobre o apagón no alumeado público destes días.

A verdade é que sorprende que se bote a culpa da avaría ao goberno anterior ao responsabilizalo da obra de instalación dos proxectores na praza do Coche de Pedra.

E sorprende porque os técnicos de SETGA que son os que están a reparar a avaría, son curiosamente, os mesmos que dirixiron ou realizaron a obra dos proxectores. Senón deixaron suficiente capa de drenaxe, ¿Que culpa ten o goberno anterior?. Parece un tanto insólito que a propia empresa que fixo esa obra fale agora de que a execución foi deficiente.

Calquera excusa busca o goberno actual para xustificar as avarías e as deficiencias no funcionamento dos servizos. Pois xa leva máis dun ano no poder e hai que arranxar os problemas, asumir as responsabilidades e non botarlle a culpa aos demais.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

A dignidade esmorecente.

Non é doado facer escoitar as voces dos que non teñen voz. Por momentos case nen ousan berrar que traballan aquí, entre nós, ou máis ben que sobreviven, a expensas de manter a documentación en regra e vendo como as diferentes medidas lexislativas (a última a da atención sanitaria) só procuran afogalo…aínda máis.

E xa non digamos toda a instrumentalización electoralista e populista dos malos políticos deste país que ??diparan? panfletos e libelos contra o ??chibo expiatorio?…eles deben ser os culpables da catástrofe financeira e do colapso de Bankia, de Nova Galicia Banco, e demais sucursais do gran casino.

Outro nivel acadan, desde logo, as persoas migrantes e os seus dereitos…unha vez no mar. O último informe da organización francesa de axuda ás persoas migrantes CIMADE contén unha boa mostra do comportamento asasino das políticas migratorias europeas.

En efecto, no ano 2011 milleiros de homes e mulleres (uns 50.000, segundo algunhas estimacións) que se lanzaron ao mar (logo da tan cacarexada primavera árabe) en penosas embarcacións, por mor de non ter acadado o visado para vir estudar ou traballar na Europa, morreron na indiferenza dos Estados europeos: unhas 1.500 persoas. Moito falar da primavera árabe, moito bombardear países africanos, moito desexar intervir noutros máis…, pero cando as súas xentes deciden cruzar o mar…aí xa se nos vé de que pé coxeamos en materia de política migratoria. Por iso, só podemos, desde aquí, apoiar e amosar a nosa solidariedade co colectivo de nais de Tunisia que se asocian e reclaman hoxe saber que aconteceu cos seus fillos cando procuraron esacapar do inferno e decidiron cruzar o mar.

Como se recolle no informe da CIMADE, o máis anoxante é comprobar como barcos da OTAN ignoraron de forma consciente as chamadas de socorro dunha embarcación con persoas migrantes a bordo.

Para dar a coñecer o que está en xogo hoxendía no mar, debido ao endurecemento das políticas securitarias europeas, que fan recuar o dereito marítimo máis fundamental, unha rede de asociacións europeas e africanas lanzou a iniciativa Boat4people.

Trátase de informar á opinión pública, mais tamén de abrir o debate no seo das xentes do mar para que se constitúa unha rede de vixilancia e defensa dos dereitos das persoas migrantes no mar. Boat4people levará a cabo tamén unha batalla xurídica para perseguir aos Estados, á OTAN, Frontex ou aos seus axentes cando existan sospeitas de violación dos dereitos humanos das persoas migrantes.

Anúnciase que en xullo de 2012, Boat4people organizará un percorrido en barco entre Italia e Tunisia. A tripulación estará composta por militantes, parlamentarios, artistas e xornalistas.

Xabier Ron
GALICIA CONFIDENCIAL

A ACP critica que a ludoteca non sexa xestionada integramente polo concello.

Hai uns días o Concello de Pontecesures publicou que o 25 de xuño ía por en marcha as actividades da Ludoteca de verán 2012 nun local municipal anexo ao pavillón polideportivo.

Con sorpresa constatamos que a actividade non é municipal, que vai ser desenvolvida por unha asociación allea ao concello á que se lle deixan as instalacións municipais de todos (sen procedemento nin convocatoria pùblica algunha) e que o persoal de dita asociación vaille cobrar directamente aos pais a cantidade de 50, 15 ou 3 euros diarios pola asistencia mensual, semanal ou diaria á ludoteca aínda que o concello non ten fixada contía algunha en concepto de prezo público ou taxa para asistir á estas actividades.

Todo isto é o que non indica o concello no anuncio. O concelleiro de Educación, Roque Araújo, quere publicitar unha actividade como municipal pero desentendéndose do desenvolvemento da mesma e do cobro dos prezos.

Para nada está de acordo a ACP con estas actuacións e por iso pregunta publicamente a Roque Araújo se a ludoteca en cuestión cumpre os requisitos do Decreto 354/2003 polo que se regulan as ludotecas en Galicia e do Decreto 329/2005 polo que se regulan os centros de atención á infancia. sobre todo en canto á titulación dos monitores/as da ludoteca, pois o concello está a asumir unha responsabillidade implicándose na publicidade, deixando as instalacións, e inscribindo aos nenos na propia Casa do Concello.

Non está a ACP en contra das actividades de verán, pero en forma de xestión directa, aprobando o prezo ou taxa que corresponda, recadando directamente as cantidades e contratando aos profesionais monitores polos criterios de igualdade, mérito e capacidade. Hoxe en día hai moita xente necesitada de emprego e non se concibe como dende unha administración pública se trate, precisamente, de incentivar que se esquiven os precedementos de selección.

Pontecesures, 16/06/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures