Sementeira a ritmo de pandeireta en Valga.

p020genn01_1.jpg

Distintas xeneración de valgueses participaron na sementeira do trigo nunha finca de Loncras.

A finca O Pradiño, de Loncras, convirteuse onte en punto de encontro de dúas xeracións de valgueses separadas por décadas pero unidas polo amor á terra: uns, os maiores, con gañas de amosar como eran antano os labores agrícolas e, concretamente, as sementeira do trigo. E outros, os pequeños, con intención de aprender e de achegarse un pouco máis a un campo que, hoxe en día, apenas se traballa. As vacas marelas, os traxes de faena, os arados de pao, os sachos e legoñas… todo iso puido verse de novo en Loncras nesta segunda edición do Festival Interxeracional, que nos vindeiros meses terá novas citas coa recolleita do trigo, a malla e, como non, o serán para disfrutar do pan.

Rubia e Gallarda, as dúas vacas marelas do ??Ferreiro de Senín? ­tamén coñecido como Manuel Gándara­ foron unhas das grandes protagonistas da sementeira do trigo que onte se realizou, á vella usanza, na finca O Pradiño, de Loncras (Ferreirós). Tiraron do arado de pao de Xosé Burés, unha reliquia á que Rubia e Gallarda non estaban acostumadas porque os tempos cambiaron e, hoxe en día, as vacas xa non traballan senón que andan ceibes polas fincas disfrutando da vida de prexubiladas.
Aínda así, a falta de experiencia das marelas salvouse coa boa disposición dos máis de medio cento de maiores ­membros da asociación Axentiva­ que botaron man dos sachos e legoñas para tapar a semente e ensinar ós rapaces dos colexios de Baño e Cordeiro como era, hai décadas, unha xornada de traballo no campo.

María, unha das pandereteiras de Moldes que animaron a mañá coa súas coplas, lémbrao ben: ??para sementar íamos á mañá e volviamos á noite. Levabannos de cormer unhas sardiñas asadas e un anaco de pan de millo. Cansabamonos moito, pero era moi bonito estar na leira porque antes había moita ledicia. Agora xa non a hai tanta?. María e as súas compañeiras Maruja, Olga, Rosa, Lola e Nela entonaron pezas como ??A xota da sementeira? ou ??A ribeirana? mentras o resto suaban a gota gorda cada un co seu labor. Non se esquenceron de nada e ata colocaron o espantallo de rigor para que os paxaros non lles acabe coa colleita, que haberá que recoller aló polo mes de agosto.

Porque a sementeira é só o punto de arranque do Festival Interxeracional. Por diante quedan a sega, a malla do trigo, a moenda e, como non, o serán, no que os valgueses darán boa conta de todos os produtos elaborados co trigo: bizcoitos, pan, empanadas… Xa onte puideron abrir boca. Fixeron unha paradiña para repoñer forzas cunha merenda a base de chourizos caseiros, queixo de tetilla, pan de millo e trigo, sardiñas e un bo viño.

E todo isto persenciado polos coordinadores do proxecto Ronsel ­impulsado pola Xunta de Galicia para a recuperación das tradicións­, que este ano colaborou co Concello para dar maior relevancia a estas actividades. Pablo Carpintero, un dos integrantes de Ronsel, apunta que a iniciativa posta en marcha en Valga ??é un xeito de integrar as tradicións na vida moderna; de darlle ó campo un novo uso de diversión e como ferramenta para ensinar ós nenos os valores do traballo comunal e do traballo coa terra?. Animou a outros concellos a copiar este proxecto xa que, polo de agora as actividades deste tipo son ??moi dispersas? en Galicia.

DIARIO DE AROUSA, 01/05/08

Gayoso y Lolita se rinden al pan de Valga en “Luar” de la TVG.

p056genn01_1.jpg

Vecinos de Valga participaron el viernes en el programa Luar, de la Televisión de Galicia.

Un grupo de valgueses divulgó en la televisión el proceso del trigo, desde la plantación hasta la eleboración de productos.
Un grupo de vecinos de Valga compuesto por miembros de la asociación de mayores Axentiva y una quincena de pandereteiras se codearon el viernes con las estrellas de la música y fueron los protagonistas del programa ??Luar?, de la Televisión de Galicia. Arropados por un autocar lleno de público que acudió desde el municipio, los valgueses se lo pasaron de lo lindo enseñándole a Xosé Ramón Gayoso las tradiciones agrarias, en concreto, el proceso del trigo, desde su simiente hasta la elaboración del pan y el posterior ??serán? en el que se degustan los productos.
Arados, xugos, manles y otros aparejos de labranza se adueñaron del escenario televisivo, al que los vecinos de Valga salieron ataviados cual campesinos de hace décadas para promocionar una de las actividades más exitosas que organiza el Concello: el festival interxeracional.

Desde las cuatro de la tarde a la 1:30 de la madrugada estuvo la comitiva valguesa en el Plató 1.000 de Montouto (Teo). Y para aguantar la maratón nada mejor que unos bollos de pan que no llegaron a nada. ??Papáronos todos, ata debeu comer algo Gayoso, que estaba de aniversario?, dice entre risas Elías García, uno de los participantes.

Aunque con modestia renoce que se ganaron los aplausos del respetable y recuerda algunas de las anécdotas del día. Lolita, la hijísima del clan Flores, no perdió la oportunidad de hacer negocio e intentó vender toallas de su última línea de complementos. También hubo presencia portuguesa, con un grupo que tocaba el acordeón y que ??nos puxo a todos a bailar?. Y la diversión absoluta llegó con Carmen y Gelines, dos humoristas del programa que, aunque su nombre no lo indiquen, son dos hombres de pelo en pecho. Aún así no dudaron en ponerse la falda y copiar la vestimenta de las tareas agrícolas.

DIARIO DE AROUSA, 29/04/08

Polo noso tren.

Trátase de salva-lo tren do pobo liso e chan. Ese tren que acotío usan centos de persoas para ir e regresar do traballo, para acudir a estudar, desprazarse ó médico, saír de compras ou sinxelamente polo pracer de viaxar en tren, ou outros que ou non teñen idade ou a sobrepasan para conducir un vehículo, e en definitiva cantos non poden dispor de automóbil de outro medio propio. E incluso dalgúns que aínda posuíndo tal, prefiren usalo tren por mor de evitar atascos de circulación, perigosidade nas estradas, etc.

Xa se farán de conta que estamos a falar do tren de proximidades que nos queren quitar, tratando de xustificar a súa supresión pola futura aparición do AVE, sen que “ese pobo” do que ao comezo falamos poida comprender porque non han de poder seguir prestando o seu inestimable servizo os actuais trens de proximidades ademais do AVE, cando chegue, considerando ámbolos dous perfectamente compatibles, ao tempo que os cidadáns se sentirían moito mellor atendidos.

Así o entenden a maioría dos habitantes dunha poboada zona comprendida entre Pontevedra e Santiago, polo que se dispoñen a amosar a súa negativa a tal supresión mediante unha manifestación o vindeiro 7 de maio, ás 8 do serán, no paseo da alameda de Santiago de Compostela. Dicir tamén ao respecto que xa nestes momentos resulta sinxelamente penoso enxergar a calamitosa situación de abandono en que se atopan algunhas das estacións de Renfe no citado percorrido.

¡OGALLÁ! as protestas cheguen aos oídos dos que realmente poden solucionar o problema para ben de todos.

Por José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón. TIERRAS DE SANTIAGO, 29/04/08

O vindeiro fin de semana, festas de San Miguel en Valga.

Venres día 2 de maio, Festa da Primavera.
Verbena: Orquestra JERUSAL?N de Pontevedra.

Sábado día 3 de maio, na honra da Virxe do Carme.
13:00 Misa solemne e procesión. De seguido sesión vermouth pola charanga Santiaguiño.
Pola noite verbena: MASTER de Pontevedra e D’NIVEL de Asturias.

Domingo día 5 de maio, na honra de San Miguel.
13:00 Misa solemne. De seguido actuará o grupo de gaitas e danza de Valga.
17:00 Xogos infantís.
20:00 Concerto da Banda de Música Municipal de Valga.
Pola noite verbena: CHARLESTON BIG BAND

El grupo cesureño “El Show de los Payasos” actuó en Vilagarcía.

Nada mejor que despedirse con una gran dosis de risas y humor. Así lo hizo “El Show de los Payasos con los más pequeños de Vilagarcía, ya que ofrecieron un espectáculo muy divertido en el Auditorio para clausurar “O Lectoriño”, una iniciativa que pretende fomentar la lectura entre los niños. Además, el recinto vilagarciano acogió una exposición de literatura infantil y juvenil.

DIARIO DE AROUSA, 28/04/08

Continúan os labores de limpeza de chapapote nas marxes do río Ulla.

Na mañá de hoxe continuaron os traballos de limpeza na marxe do Campo da Insua e no peirao cesureño. Retiráronse varios contenedores con vexetación impregnada de fuel e foron limpadas vaias ramplas con area, e con varios productos ecolóxicos de limpeza. Utilizáronse varias lanchas no río e maquinaria diversa en terra.
Segundo as informacións que se teñen, o máis preocupante e a limpeza do chapapote que se atopa impregnado a vexetación das brañas no termo municipal de Dodro, chegando á Bacariza (zona de xuncos). Xa apareceron algunhas aves “petroleadas” e precisase que se limpe pronto toda esta zona de alto valor medioambiental.

imagen-093-web.JPG

imagen-095-web.JPG

imagen-096-web.JPG

Imaxes deste mediodia