Rosario Mera, responsable do Hotel Rial de Santiago recomenda o prato de toda a vida para a Noiteboa, xa que é un prato, tradicional, moi rico e pode estar listo en apenas media hora.
INGREDIENTES 4 pax.
* 1 quilo de bacallau (en lombos)
* 1 coliflor
* 4 patacas medianas
* Aceite de oliva
* 4 dentes de allo
* Pementón
* Sal
ELABORACI?N:
# Desalamos o bacallau (48 horas en remollo cambiando a auga cada 8 horas).
# Limpamos a coliflor, cortámola e pelamos as patacas.
# Cocemos en abundante auga con sal a coliflor e as patacas, durante 20 minutos aproximadamente.
# 10 minujtos antes de rematar a cocción engadimos os lombos do bacallau e dixamos cocer ata que estea feito.
# Mentres tanto, nunha tixola preparamos a allada. Con aceite ao lume douramos o allo fileteado, retiramos do lume, deixamos que amorne e engadimos o pementón. Removemos ben e incorporamos unha culler da auga de cocción do bacallau.
# Poñemos nunha fonte o bacallau, a coliflor e as patacas, todo escorrido e bañamos o conxunto coa allada.
# Servir quente e ¡ bo proveito !
Semanal «santiagosiete» 14/12/07