Morison/Da Costa e Romero/Campos, campións galegos de barcos de equipo.

Como soe acontecer, o Campionato Galego de Barcos de Equipo, para C-2, K-2, C-4 e K-4, resultou a pasada fin de semana unha prolongación do vivido dúas semanas atrás no Autonómico individual de distancias olímpicas, cos breoganistas Diego Romero e Tono Campos e coas padexeiras do Naútico Pontecesures Camila Aldana Morison e Raquel Da Costa dominando as súas especialidades con sendos títulos.

O vilagarcián Romero e o grovense Campos impuxéronse no C-2 1.000 Sénior. Iso si, a tripulación titular da selección española gañoulle por moi pouco ao dúo do K. Tudense José Luis Bouzas e Brais Casás: 3.35.89 por 3.36.11.

O de Morison e Da Costa voltou ser outro paseo militar. No K-2 500 Xuvenil venceron en 1.46.51, con 9,5 segundos respecto ao seu inmediato perseguidor, mentres que no K-2 200 lle sacaron 3,27 segundos á parella subcampioa.

O cuarto título autonómico arousán foi parar ao C-4 1.000 Xuvenil do Piragúismo Illa de Arousa de David Mochales, Miguel Padín, David García e Yerai García, con 2,91 segundos de vantaxe sobre o do E.P. Ciudad de Pontevedra.

O piragüismo arousán disfrutou tamén das pratas de Campos e Romero no C-2 200, das súas compañeiras Tania Álvarez e Natalia García no K-2 500 Sénior; e dos bronces de Miguel Padín e David Mochales (P. Illa) no C-2 1.000 Xuvenil, e do K-4 500 Sénior Feminino do Breogán.
As infantís do Pontecesures gañan a proba de Pontesampaio

A Liga Galega de Infantís chegou o pasado domingo á súa cuarta proba en Pontesampaio. Fíxoo coas infantís do Náutico Pontecesures impoñéndose nas clasificacións por equipos tanto da categoría A coma B, mentres os infantís das Torres-Romaría Vikinga finalizaban segundos nos cadros masculinos tras o Riberas do Tambre, na A, e tras o E.P.C. de Pontevedra, no B.

A nivel individual, o club catoirense contou con dous padexeiros no alto dos seus respectivos podios. Carla Frieiro Carril gañou a proba de Infantil A K-1 con 20 segundos de diferenza respecto a Raquel Torres, do Verducido-Pontillón, e Javier Ordóñez Muñiz fixo o propio na de Infantil B C-1 con Borja Lamas (Breogán) terceiro.

Tamén gañou a súa regata, Infantil A C-1, Manuel Fontán Señoráns, do Náutico O Muíño de Ribadumia. No seu caso, con Pedro Citoula Pérez, do Naútico Pontecesures, segundo. Os seus respectivos tempos, 13.57 e 14.09.

Foron terceiros os cesureños Araceli Baleirón (Infantil B K-1) e Daniel Ferro (Infantil B K-1).

La Voz de Galicia

EXCURSI?N FIN DE TEMPADA 2014-15. ECOPARQUE MARÍN.

O vindeiro domingo, 28 de Xuño o ULLA CF celebrará cos seus xogador@s o fin da tempada 2014-15 cunha excursión ó ECOPARQUE DE MARÍN. A saida sera as 11:00 horas da PLAZUELA en PONTECESURES.

A data límite de inscripción é o vindeiro mércores.

Télefono de contacto 676 950 405.

Un saudo a tod@s e ANIMADEVOS.
eCOPARQUE

Por UllaCF, fai

Morreu o pai do voceiro do PP en Pontecesures, Manolo Vidal Seage.

De xeito repentino, finou hoxe aos 72 anos de idade, o veciño da Picaraña, Manuel Vidal Vidal, casado con Marina Seage López e pai do concelleiro e voceiro do Partido Popular na Corporación de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. A misa “corpore insepulto” terá lugar mañá martes 23 de xuño, ás 19 horas, no Santuario de Nosa Señora da Escravitude. Logo os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de Cruces.
Descanse en paz.

Exposición pública da solicitude de ampliación de terreos do Tecor San Huberto de Valga.

A Presidencia do ??TECOR SAN HUBERTO? (con matrícula PO-10.082) do veciño Concello de Valga, ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras unha ampliación de terreos nos concellos de Padrón e Pontecesures, afectando ao Concello de Pontecesures en 78 hectáreas de terreos particulares da zona de Grobas-Fenteira.

Os veciños e veciñas interesados/as poderán consultar nas oficinas deste concello información gráfica (planos e/ou mapas) onde localizar os terreos afectados por esta ampliación.

O prazo de exposición pública deste expediente é do 22 de xuño ata o 22 de xullo. Durante este prazo poderáse consultar este expediente de ampliación asi como formular as alegacións que se estimen oportunas no SERVIZO DE CONSERVACI?N DA NATUREZA en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43 ?? 2º) dependente da Consellería de Medio Ambiente.