XXVI Certame Intercentros. Entrega de premios.

O martes 14 de Maio, tivo lugar o XXVI CERTAME INTERCENTROS organizado pola Anpa do CPI Pontecesures no que participaron alumnas e alumnos de 3º,4º,5º e 6º de EP do CEIP Baño-Xanza (Valga); CEP Ferro Couselo (Valga); CPI Progreso (Catoira) e do CPI de Pontecesures.

.As gañadoras e gañadores recibiron como agasallo, ademáis do correspondente diploma, un precioso agasallo feito polas usuarias e usuarios de ASDIVALU (Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla e Umia).

As alumnas e alumnos de música da ESO ofreceron unha pequena actuación na que nos amosaron as súas habilidades, hai canteira musical en Pontecesures!

Parabéns a todas e todos os participantes pola calidade das súas obras e ás ANPAS dos centros participantes, especialmente á ANPA do CPI Pontecesures polo seu traballo e adicación cos alumnos e alumnas do noso colexio!

CONCELLO DE PONTECESURES

Constitución en Pontecesures da asociación “Baixo Ulla Vivo”.

Dende os concellos de Pontecesures, Catoira, Rianxo, Valga, Dodro, Rois e Padrón nace unha iniciativa social para a creación da Plataforma para a defensa do rïo Ulla tras o anuncio do proxecto da macrocelulosa Altri.

Para a formalización da asociación CONVÓCASE unha asemblea aberta o vindeiro XOVES 16 DE MAIO, as 20:00 horas no Centro Xuvenil de Pontecesures (a carón da Biblioteca Municipal).

A orde do día será a seguinte:

  1. Constitución da asociación “Baixo Ulla Vivo”.
  2. Nomeamento de Voceiros.
  3. Accións para frear a implantación de Altri en Palas de Reis.
  4. Varios.

Mandril Selectah o 16 de maio no pub “La Estación” de Pontecesures.

Doazóns de sangue.

LETRAS GALEGAS 2024 PONTECESURES

Actividades dirixidas a rapaces/as de 3 ata 16 anos.

Link para inscrición: Premer AQUI

O PP de Pontecesures critica a xestión municipal en materia de orzamentos e investimentos.

Tocino poñíase como deberes , no seu nomeamento como alcaldesa, “sacar adiante ata final de ano os proxectos pendentes” ..case un ano despois non hai ningún dos proxectos do programa electoral do BNG en marcha, nen sequera rematados os que deixou o goberno anterior, sen esquecernos dos xa dinamitados total ou parcialmente. Os orzamentos “axustados á realidade e ás nosas prentensións” tampouco foron quen de elaboralos. Sobre a limpeza e alumeado público… pois eso.. xa ides vendo.

POPULARES DE PONTECESURES

O orzamento de de Pontecesures practicamente pechado segundo a alcaldesa.

Maite Tocino: «Témolo practicamente pechado, a ver se chegamos a tempo para levalos a pleno de este mes».

La Voz de Galicia

Rematan os actos do aniversario da biblioteca.

Onte pechamos o ciclo de actos conmemorativos do 40 Aniversario da Bibliotecal Municipal poñendo o mellor broche posible á efeméride.

A presentación do libro “La Higuera Yerma”, da cesureña María de Xacobe presentado por Fernando Cabeza Quiles, novela costumbrista ambientada no século XIX coa Guerra de Independencia de fondo, na que se recolle a historia dunha muller que loita por rachar coas convencións sociais da época, foi un éxito.

Con este acto, o Concello de Pontecesures quixo agradecer o traballo de María Teresa Gil García ó longo da súa carreira profesional , trás cuarenta anos ó frente da institución municipal como encargada da mesma pero, tamén, organizando actividades para os máis cativos, asesorando e formando a lectoras e lectores e fomentando o hábito da lectura e a cultura dende a Biblioteca Municipal.

Unha pequena homenaxe en nome de todos e todas as veciñas e veciños de Pontecesures, a unha muller que fixo da súa profesión unha forma de vida. Grazas por todo, Teresa!

Concello de Pontecesures