Orde do día:
1. Actas anteriores.
2 Modificación da ordenanza fiscal da taxa da auga. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
3. Modificación da ordenanza fiscal da taxa do cemiterio. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
4. Modificación da ordenanza fiscal da taxa de summidoiros. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
5. Acordo entre o Concello de Pontecesures e o rexistrador de Caldas de Reis a efectos da comunicación prevista no artigo 254.5 la Lei hipotecaria.
6. Regulamento municipal das prestacións económicas específicas do programa básico de inserción social do Concello de Pontecesures. Aprobación inicial.
7. Moción da ACP sobre o arranxo da megafonía do Salón se Sesións da Casa do Concello.
8. Moción do grupo municipal do P.P. sobre arbitraxe de consumo e canxe de participaciòns preferentes e obrigas subordinadas.
9. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
10. Informes da presidencia.
11. Rogos e preguntas.
Dende a ACP, este concelleiro fai un chamamento á veciñanza para que asista ao pleno. Vanse tratar asuntos importantes (por exemplo, contra a suba das taxas, puntos 2, 3, e 4, presentáronse 320 reclamacións de veciños ademais das de PP, IP e ACP) e sempre é interesante coñecer de primeira man o debate e as postura das diferentes forzas no pleno tantos no puntos da orden do día como na quenda de rogos e preguntas.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures.


