Programa de Fegaclasic 2012.

Sábado 5 de maio.
-11:00 h. Apertura da feira
-11:30 h. Comezarán as inspeccións técnicas de vehículos (ITV móbil) para automóbiles de máis de 25 anos e continuarán ata ás 18:00 horas.
-18:30 h. Xincana moto clásica.
-22:00 h. Peche da primeira xornada.

Domingo, 6 de maio.
-10:00 h. Apertura da feira.
-13:00 h. Acto de homenaxe aos precursores das Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures (1925, 1926, 1950 e 1954). Realizarase unha ofrenda floral no monumento conmemorativo “O Coche de Pedra” a cargo de Manuel Enrique Llerena, veciño de Pontecesures, que estivo presente en todas as edicións. A continuación visitarán a feira as autoridades asistentes.
-22.00 h. Peche da segunda xornada.

EVENTOS QUE TERÁN LUGAR DURANTE OS DOUS DÍAS DE FEGACLASIC.

A partir da apertura de Feira poderanse visitar dentro do recinto oficial diferentes eventos que estarán activos ao longo das dúas xornadas.

-Exposición sobre as antigas Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures. A mostra fai un percorrido polas catro edicións repasando aspectos organizativos e a repercusión na prensa da época.
-Exposición de carteis da Dirección Xeral de Tráfico con campañas de sensibilización sobre diferentes aspectos da seguridade vial realizadas nos últimos 50 anos.
-Exposición de fotografías antigas de Pontecesures e as súas xentes.
-Conferencias sobre seguridade civil a cargo de persoal experto. Os temas que se desenvolverán xirarán arredor do comportamento en caso de incendios, inundación, etc..
-Exposición de motores: SEAT 127, SEAT 850 e un Ajuria da exposición de 1926 empregado para diferentes labores agrícolas e forestais.
-Mercado de recambios e pezas de coleccionista, exposición e venda de automóbiles clásicos, motocicletas, vehícuoos industriais, agrícolas, etc…
-Espazo didáctico no que se recreará un taller mecánico. Un experto realizará traballos de restauración sobre un Fiat Balilla de 1937.

Os días 7, 8, 9 e 10 de maio, instalarase un parque de educación vial en colaboración con Dirección Xeral de Tráfico no que se realizarán actividades destinadas aos rapaces e rapazas que visiten o parque. Neses días visitarán a feira os escolares de Pontecesures.

Organiza Fegaclasic a Agrupación Cultural “Mirándolle os Dentes” e colaboran o Concello de Pontecesures, Transportes y Grúas Estación, Radio Valga, Novagalicia Banco, Caixabank, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Dirección Xeral de Tráfico.

Fácil triunfo del Extrugasa Río Ulla sénior en Xinzo de Limia (35-58).

Jugaron y anotaron por el equpo cesureño: Dani (7), Peñaño (7), Fabián (4), Víctor Sánchez, Santi (7), Turo (4), Brais (7), Pepi (11), Juanjo (6) y Roberto (5).

El cuadro de Pontecesures ganó con la ley del mínimo esfuerzo. con el congrol del rebote (3/12) se pasó a un inquietante 12/15, pero un triple de Dani inició el despegue (16/27) y pese a las lesiones de Brais y Víctor con el 21/41 no hubo problemas para ganar.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 01/05/12

El equipo cadete femenino del Extrugasa Río Ulla perdió claramente con el Cortegada en Vilagarcía (53-23).

Jugaron y anotaron por las cesureñas: Eva Gerpe, Carlota Abuín, Naiara Naveira (2), Antía Sanmarco (8), Carla Vicente, Larita Rarís (6), Sonia Tarrío, Iria Varela (1), Paul Iglesias, Sandra Hernáiz (4) y Lara Alvarez (2).

Parciales: 12/4; 14/4/;13/11 y 14/4 .

Los árbitros B. Vidal y D. López eliminaron por faltas a Eva Gerpe

DIARIO DE PONTEVEDRA, 01/05/12

Un sorteo ante notario designou onte aos 2.200 nenos e nenas que participarán nos campamentos de verán de A Lanzada

Os campamentos desenvolveranse en 11 quendas que se iniciarán na última semana de xuño

Por medio dun sorteo informatizado e ante notario elixíronse esta mañá aos 2.200 nenos e nenas que participarán, a partir do 24 de xuño, nos campamentos de verán de A Lanzada, que organiza a Deputación Provincial.

En total foron 4.700 as solicitudes presentadas por rapaces e rapazas de toda a provincia, o que dá mostras do gran éxito e interese que esperta entre os pontevedreses esta actividade lúdica. No transcurso do sorteo, a deputada provincial Begoña Estévez lamentou que moitos dos solicitantes non poidan acceder a unha praza e incidiu na intención da Administración provincial de tratar de aumentar cada ano as prazas para dar cobertura ao maior número posible de cativos, como o demostra o feito de que os primeiros campamentos contasen con 400 rapaces e hoxe sexan 2.200 os que poden participar nesta actividade.

Os participantes nos campamentos deste ano farano en 11 quendas, que se iniciarán o 24 de xuño e finalizarán o 8 de setembro, cunha duración de 7 días cada unha.

En cada unha das quendas participarán un total de 200 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, que durante o desenvolvemento do campamento terán ocasión de participar en excursións e distintas actividades como sendeirismo, vela, unha viaxe a Ons e outras relacionadas coa natureza e o mar.

No sorteo, que se realizou de forma electrónica, déuselle prioridade a aqueles participantes que non obtiveron praza na campaña do verán do ano pasado e tivéronse en conta outras cuestións como que os solicitantes sexan irmáns ou as prazas asignadas a cada Concello en proporción a súa poboación.

Os primeiros participantes disfrutarán do campamento de A Lanzada entre o 24 e o 30 xuño; a 2ª quenda será do 1 ao 7 xullo; a 3ª, do 8 ao 14 xullo; a 4ª, do 15 ao 21 xullo; a 5ª entre o 22 e o 28 xullo; a 6ª entre o 29 de xullo e o 4 de agosto; a 7ª entre o 5 e o 11 agosto; a 8ª, entre o 12 e o 18 agosto; a 9ª, entre o 19 e o 25 agosto; a 10ª, entre o 26 e o 1 setembro; e pecharán os campamentos os que participen na 11ª quenda, entre o 2 e o 8 setembro.

Os campamentos de verán de A Lanzada forman parte dos servizos que ofrece a Deputación Provincial para os máis cativos, e representan, tal e como salientou a deputada Begoña Estévez durante o sorteo das prazas, unha contribución para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e, tamén, supoñen unha alternativa de lecer para os nenos e nenas da provincia, que se forman así en valores sociais, humanos, deportivos e de respecto ao medio ambiente.

PÁXINA DA DEPUTACI?N PROVINCIAL DE PONTEVEDRA