No día de onte finou aos 99 anos, Socorro Pérez Gasamanes, viúva de Alfonso Doce Barreiro (Chindo).
Recibiu sepultura na tarde de hoxe, 14 de xullo, no camposanto parroquial de San Xulián,
Descanse en paz
Circular para os traballadores do Concello de Pontecesures lembrando a prohibición de fumar na Casa do Concello.
O alcalde accidental, Ángel Manuel Souto Cordo, enviou unha circular aos traballadores municipais que prestan servizos na Casa do Concello lembrándolle esta prohibición de acordo coa normativa vixente, e anunciando a adopción de medidas en caso de incumprimento.
A Conta Xeral de 2010 de Pontecesures a disposición dos membros da Comisión de Contas.
Nestes días está a disposición o documento dos integrantes da Comisión Informativa Eespecial de Contas, Facenda, Patrimonio e Contratación que forman Manuel Luis Álvarez Angueira, (BNG), Arturo Ferro González (BNG), Maribel Castro Barreiro (IP), Juan Manuel Vidal Seage (PP) e Roque Luis Araújo Rey (Grupo Mixto).
Nos vindeiros días someterase a conta a estudio e informe na comisión informativa e será exposta ao público antes de elevala ao pleno para a súa aprobación, se procede.
Ángel Souto alcalde accidental de Pontecesures.
Por vacacións do titular, Manuel Luis Álvarez Angueira, entre o 7 e o 17 de xullo ocupa o cargo de alcalde accidental o primeiro tenente de alcalde, Ángel Manuel Souto Cordo.
La oposición de Padrón ‘tumba’ las parciales del PP y reduce una exclusiva
El coste pasa de los 98.440 ? a 60.000 ? tras salir adelante la enmienda del PGD padronés
El grupo de gobierno padronés, liderado en minoría (5 ediles de 13) por el popular Antonio Fernández Angueira, no logró el respaldo del pleno para sacar adelante la propuesta de retribuciones: dos exclusivas y tres parciales, por un montante total de 98.449 ?. El ejecutivo local se quedó frío tras salir adelante la enmienda del PGD (Partido Galeguista Demçocrata), liderado por Ángel Rodríguez, que considera que dada la actual situación de crisis es “imprescindible” reducir “gastos políticos” y hacer “acopio de austeridad”. Para el PGD la cuantía de las retribuciones del PP son muy elevadas, por lo que apuesta por reducirlas en un 40% respecto a la propuesta del gobierno y en un 50% respecto a las del bipartito (110.243 ?).
La enmienda, que salió adelante con los votos a favor del PSOE (3), PGD (2), Cidega (1) y Cipa (1); la abstención del BNG (1) y los votos en contra del PP (5), acuerda el establecimiento de dos dedicaciones exclusivas: una para el alcalde, con una cuantía bruta anual de 38.000 ? (51 ? más que la cifra propuesta por el PP) y otra para la segunda teniente de alcalde, Carmen Lois, por 22.000 ?/año (4.000 ? menos que la cifrada por el gobierno). La enmienda del PGD se carga las tres parciales del ejecutivo de 14.500 ?/año, una, y dos de 10.000 euros.
Para el gobierno local, la postura de la oposición “non pretende un aforro senón un atraco para o goberno, que en un mes resolveu o conflicto do lixo e organizou unha feira medieval sen cobrar un duro”. Consideran injusto que se deje a tres ediles con responsabilidad de gobierno “sen ningún tipo de retribución a pesar das horas de dedicación que este traballo require”. Además califica la medida “de inxusta e hipócrita, cando ata hai un mes todos os do grupo de goberno cobraban”.
Desde Cidega se incidió en el aspecto de “servicio social” de la política local. El BNG se mostró más partidario de una dedicación para el alcalde y que el resto de los ediles cobrasen de la comisión de gobierno. Cipa, que retiraba una enmienda similar a la del PGD, cuestionó las parciales. Y el PSOE echó en falta las nómimas de los concejales del gobierno para saber si la propuesta del PP se ajustaba a las mismas.
EL CORREO GALLEGO, 14/07/11
Zapatones suplirá mañá a ministra de Defensa no pregón da Romaría Pagana.
Tentouno, pero non foi posible. O promotor, alma mater e encarnación do espírito libre da Romaría Pagana Nocturna da Casa Vella de Valga, Xenaro Barreiro, terá que pensar en sacarse un billete destino Madrid para cumprir o seu soño de coñecer en persoa á ministra de Defensa do Estado, a catalana Carme Chacón. Barreiro fixo honra ao seu anuncio de escribirlle a esa muller que «me encanta» unha carta invitándoa como pregoeira da que mañá será a trixésimo segunda edición da festa valguesa. Pero a contestación do mando civil castrense confirmou os temores de Xenaro, que xa no pasado mes de outubro apostaba a que Chacón «non vai vir nunca». Cando menos quedarálle a satisfacción de ser correspondido cunha contestación oficial, asinada polo director do gabinete da ministra, no que despois de «agradecerle su atenta carta en la que invita a la ministra de Defensa al aniversario de A Casa Vella», pasa a dicir que «lamento comunicarle que doña Carme Chacón no podrá asistir a la citada celebración. Sin otro particular, reciba un cordial saludo».
Claro que as festas non están para chorar. Home de recursos, Xenaro Barreiro atopou en Santiago de Compostela o perfecto substituto para cubrir a egrexia vacante. Carlos Lema, máis coñecido como Zapatones, fotografado cos máis ilustres visitantes á capital galega ataviado co seu inseparable uniforme de peregrino, encargaráse de abrir a Romaría Pagana da Casa Vella.
Dúas bandas e un Dj
Mexilonada popular e música a pé de campo voltarán ser os ingredientes inseparables da festa, que arrincará ás dez e media da noite e que contará coa actuación en directo de dúas bandas emerxentes no Baixo Ulla, os catoirenses Myths About Pandas, e os valgueses Noise Project, con Dj Paco o Noso completando o cartel.
LA VOZ DE GALICIA, 14/07/11